|
CamiñosCamiñamos, os dous, xuntos, e neste caso (e case sempre), él é o meu mestre. Ábreme de novo a un mundo esquecido, cheo de termos específicos que definen con claridade situacións do máis complexas, de alquimia que todo o soluciona, de animais adaptados a tódalas necesidades, de consellos básicos a hora de facer globos co chicle. A súa conversa é máis lúcida que a da maioría dos adultos que me rodean, e por suposto máis entretida. Toca todos os paus: gastronomía, parella, política, saúde, ecoloxía, e ponse moi serio cando falamos dos “asuntos” do patio. Gosta do Bravú, e somos “Heredeiriños sento por sento %.” Hai días que o noso reino non é deste mundo 22/04/2004 00:32 Comentarios » Ir a formulario |
karkeixaBitácora de formiga e caracol; un eu son que non repara en variar o seu propio movemento que avanza en espirais sen outro límite que o que as verbas poñen ó pensamento.
TemasArchivos
Enlaces |