|
BeslanTolemia, todo é absurdo e sen senso,posturas que resulta imposíbel que converxan, e no medio, sempre,sempre víctimas,inocentes, xente en desamparo que son simplemente fichas nun xogo macabro. Isto que acabo de escribir pode aplicarse a un cento de situacións; Sudán, Irak,Afganistán..........Hoxe falo de Rusia, dun grupo que pide a independencia ante todo,dun goberno que impón o seu poder sobre todo, un e outro extremistas radicais, defendéndose co lema de que o Está vez tocoulle a un colexio cheo de nenos celebrando( irónico,non?) a volta ó colexio.Tras dous días de tensión e incertidume,foron “liberados” entre confusión, desinformación e un único son, o dos tiros. Mentras vía as imaxes que ían chegando, reparei nun detalle, común a tódolos nenos, non choraban, simplemente corrían espidos esquivando as balas. 03/09/2004 00:51 Comentarios » Ir a formulario |
karkeixaBitácora de formiga e caracol; un eu son que non repara en variar o seu propio movemento que avanza en espirais sen outro límite que o que as verbas poñen ó pensamento.
TemasArchivos
Enlaces |