As verbas das olladas

Salgado-Dead eyes-Refugees Mali.jpgTras case vinte anos esta fotografía continúa en plena vixencia; podería narrar a historia de tantos miles de persoas que viven no límite que separa a vida do abismo.
Unha ollada que fala da miseria que habita na miseria, da voracidade da fame,dos campos de desprazados e refuxiados (como se foran parte dunha sementeira de horror e inxustiza extrema),da resignación como única proposta para aturar o presente.

Estos ollos están a falar aínda hoxe de imposición,de violencia, de medo, de guerra, de escravitude, de oscuros intereses que suben e baixan en bolsa...tamén do silencio,do olvido,da ignorancia, da falla de compromiso dun primeiro mundo que pecha os ollos para non ver.

A area, a luz e a insolidariedade feriron a mirada de esta muller de Mali.
Salgado, o artista, a través do seu obxetivo, ábrenos os ollos.
07/10/2004 01:18 Enlace permanente. Tema: Olladas.

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.








karkeixa

Bitácora de formiga e caracol; un eu son que non repara en variar o seu propio movemento que avanza en espirais sen outro límite que o que as verbas poñen ó pensamento.

Temas



Archivos

Enlaces

Free counter and web stats


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.