
|
Se muestran los artículos pertenecientes a Noviembre de 2004. No código do marTamén no ceo. Día da Dignidade. Sempre Semellante Igual en dereitos e obrigas a calquera, diferente no que ó sentemento e ás ideas se refire.Así é en teoría. Pero miro o redor, e descubro canta xente non se da conta de que ó mesmo tempo que ela é parte do sistema e está suxeito as súas normas, dito sistema perténcelle a ela. E é que apréndennos as cousas con reviravoltas, para que non acabemos de comprendelas na súa xusta medida, e por poñer uns exemplos, non nos ensinan que a comunidade e un grupo de individuos, que a historia unha suma de historias paralelas,que un sindicato debe representar a tódolos seus traballadores,que as economías son resultado do tempo de esforzo de homes e mulleres,que un parlamento o elixen milleiros de votantes, que as relixións son persoas cunha fé en común..... Pola contra fálannos de xefes, de líderes, de políticos, de macroeconomía,de globalización, de empresarios , de representantes, e enchen a boca de baleiro para que así pareza que somos moi pequenos e non temos valor, porque non interesa que sepamos cal é o noso poder, cales as nosas liberdades, canta é a nosa forza, nin canto dependen de nós. Saben que ter conciencia da propia identidade danos os motivos para loitar e defender os nosos dereitos, para manter a nosa dignidade e tomar as nosas determinacións. Contrólannos, coñecen moi ben, que manténdonos na ignorancia, non lles pediremos responsabilidades nin conta dos seus actos, e iso permitelles vendernos coma favor aquelo que é a súa obriga, e que esquezamos que a fin, eles só son os nosos representantes. E imos calando, unhas veces por impotencia, outras por aborrecemento, outras por descoñecemento, pero temos que ser conscientes, que eles son a voz do que nós decidimos, o cal non é unha carta en branco para decidir por nós. Pero así funciona dende sempre,e continuará mentres nós non lle poñamos remedio e acordemos uns e outros que o que eles calan: O povo é quen máis ordea. Ben alto. Limpar as rúasAmparándose na historia e para que fagamos un exercicio de memoria,néganse a eliminar dos nosos rueiros nomes e símbolos franquistas. Pois entón e para non esquecernos de tanto desatino,e ollando o que nos rodea e que debemos ter en conta, que non olviden poñer as rúas nomes coma: da miseria dos orfos da guerra da prevaricación da venta de armas dos narcos dos nenos escravos da muller maltratada da fame do inmigrante do terceiro mundo da opresión da censura do discriminado dos tránsfugas do traballo en precario do home disfrazado de demócrata do incompetente do plan Galicia etc .................................Para non olvidar,para que non se esquezan.Xa postos que lembren todo. Galeano/Sandorfi No puedo dormir.No puedo dormir. Atravesada entre los párpados tengo una mujer, secreta mujer tan sol y tan luna que abre mis ojos y me obliga a ver mi desventura y mi fortuna. Y no me deja dormir esa mujer, esa secreta mujer. Arránqueme, señora, las ropas. Desnúdeme. Arránqueme, señora, las dudas. Desdúdeme. Arránqueme, señora, las ropas y las dudas. Desnúdeme. Desdúdeme. Secreta mujer. Secreta mujer. Atravesada entre mis párpados le quiero decir, le quiero pedir que me deje, que se vaya. Pero no puedo hablar a mi pesar. Atravesada en la garganta, me atormenta una mujer esa mujer, esa secreta mujer. E. Galeano |
karkeixaBitácora de formiga e caracol; un eu son que non repara en variar o seu propio movemento que avanza en espirais sen outro límite que o que as verbas poñen ó pensamento.
TemasArchivos
Enlaces
|