
|
Se muestran los artículos pertenecientes a Marzo de 2005. igua qué?Día da muller traballadora, comezan as celebracións de caracter institucional: charlas, homenaxes,lecturas ................ben. Máis é día de celebración?será.Para min é día de reinvidicación clara e contundente, de falar mulleres e homes para esixir políticas reais de igualdade en tódolos ámbitos. Aínda hoxe o traballo de un gran número de mulleres( xeralmente en condicións irregulares e en precario) continúa a considerarse un complemento salarial da economía familiar. Moito queda por facer para lograr a igualdade de oportunidades e opcións no mundo laboral, esto sen tratar e afondar na situación dos grupos sociais femininos máis desfavorecidos, onde as diferenzas fanse máis extremas. Os colectivos con menor preparación suelen ter as rendas máis baixas.A igualdade social e básica para lograr a igualdade laboral. Cuestións xeográficas, sociais ou económicas, así coma a carencia de alternativas que permitan compatibilizar a vida laboral e familiar pechan as portas a moitas mulleres a hora de buscar un emprego. A falla de garderías, de comedores escolares adaptados ás xornadas de traballo son un exemplo claro do complicado que resulta compatibilizar a vida laboral coa familiar. A pouca implicación das administracións para dar solución a dita situación é evidente sendo case nulos os esforzos para mellorar esta circunstancia,ó tempo que non hai tampouco interese por parte da empresa privada. Aínda é máis difícil para aquelas mulleres que carecen da preparación necesaria: non coñezo ningún caso de cursos de formación con horarios adaptados ós das mulleres que a eles asistían.A gran maioría das que teñen cargas familiares renuncian a asistir por cuestións puramente económicas.De novo péchase o círculo. Só sei que é momento de mudar o discurso por accións, de políticas serias que posibiliten a integración plena da muller en igualdade de oportunidades, de plans de aprendizaxe e preparación obxectivos e adaptados as necesidades reais e ben enfocados de cara ó mundo laboral, de unha mentalidade empresarial que permita compaxinar traballo e vida familiar .........xa é tempo de que as mulleres teñamos opcións para acadar e demostrar a nosa valía e que nos permita estar presentes en todos e cada un dos ámbitos da nosa sociedade. O día da muller traballadora son 365 días ó ano e o traballo digno e un dereito de tod@s. ou simplementeEN EL MUNDO NO QUIEREN A LOS TRISTES Uno tiene derecho a acongojarse a sentirse vencido pero en el mundo no quieren a los tristes Uno está en el deber de levantarse agarrar su cayado echar a andar Optar por esconderse entre sí mismo Irse a la misma mierda Desamarrar sus diablos O simplemente hacerse el monigote el salsero mayor el chicle más orondo de la fiesta. Vivir contra morir Gustavo Pereira Acordar Olive tree with yellow sky and sun.V.Van Gogh. Hoxe non sabería que dicirlle a ningunha das víctimas da violencia e todo o que non sexa silencio o sinto coma ruído.Este calar non é esquecemento, e un espacio para a memoria de tódalas víctimas de calquera tipo de terrorismo,de calquera tipo de imposición, de calquera tipo de guerra. segunda manMiro a fecha da edición:Barcelona, 1975 Na casa ollo a portada, o abro para olelo,paso as follas, e pregúntome que quedará do seu outro dono entre as páxinas. Só unha dobrez nunha cuartilla? |
karkeixaBitácora de formiga e caracol; un eu son que non repara en variar o seu propio movemento que avanza en espirais sen outro límite que o que as verbas poñen ó pensamento.
TemasArchivos
Enlaces
|