Blogia
karkeixa

Xalundes

O-O

Se lo envuelvo para regalo?

Se fas o favor.

Normal o para San Valentin?

Normal.

.....¿ Tarjeta doble cero?

volatineira

volatineira

Busco entre dous puntos calquera da espiral

o equilibrio para non anularme no teu corpo

mentras ti escrebes na deriva da miña pel

un ensalmo que me deixa descalza na túa ausencia.

R-N

Canle

Canle

O debuxo dunha flor marca a pausa no libro reservado para a brétema

Nel medran cerdeiras nas que rabuño o teu alcume

desfacendo as gañas de ouvear  entre as cortizas

Xamais nos despedimos

ti non lembras que nunca aprendiches o meu nome

pero é o meu silencio o que me estruga a boca

acurralando a miña voz ata afogarme.

Só quixen aprender que algunhas derrotas as deciden os paxaros 

Vaise levantando a noite en pingas

arrodéame a intemperie mentres o sol estoura contra a pedra

Adivíñote no muro da praza 

e confirmo que o tempo que perdo nas esperas

non é cura para esta dor que impón a súa teima.

Se cadra non me ves pero nas miñas mans levo un diluvio e non me atende.

Invernía

Invernía Silveira.

Invernía_2

Invernía_2

Carballo.

Charoko

Charoko Para poder bicarte cando corres, fixen das miñas pálpebras uns beizos.

lúa-nova.

Hai noites tan fermosas que fan lanzar aturuxos a lúa.
(Para Amada)

@-@-@-@-@.....

@-@-@-@-@..... Porque nós xa gañamos.

esferas

esferas De todas as que son, ningunha é coma min e todas somos eu.

Acórdate do mar

Acórdate do mar -

Aturuxo

Escoito música no camiño, e por non perder o costume, aguanto o ar mentres cruzo a Ponte do Porco.
De repente, o meu carón vai a Carolina. As dúas estamos en guerra, mais ela cun aturuxo dame o pé para cantar: pronto virá o tempo das cereixas.

segunda man

segunda man O atopo nos andeis dunha librería de libros usados, é tan inesperado o noso encontro que creo na sorte.
Miro a fecha da edición:Barcelona, 1975
Na casa ollo a portada, o abro para olelo,paso as follas, e pregúntome que quedará do seu outro dono entre as páxinas.
Só unha dobrez nunha cuartilla?

Acordar

Acordar Olive tree with yellow sky and sun.
V.Van Gogh.

Hoxe non sabería que dicirlle a ningunha das víctimas da violencia e todo o que non sexa silencio o sinto coma ruído.Este calar non é esquecemento, e un espacio para a memoria de tódalas víctimas de calquera tipo de terrorismo,de calquera tipo de imposición, de calquera tipo de guerra.

Satélite

Satélite Soluciono os meus silencios cun océano;
un número de auga,
unha verba salgada
que amarro a min con serpes verdes
recollidas na curva máis urxente
que traza un capicúa.

Pero na noite,
recito espida ós pés da túa cama,
e pese ó ritual da transparencia
continúo a ser un satélite da lúa.

(A.M.S.)