Blogia
karkeixa

igua qué?

Día da muller traballadora, comezan as celebracións de caracter institucional: charlas, homenaxes,lecturas ................ben.

Máis é día de celebración?será.Para min é día de reinvidicación clara e contundente, de falar mulleres e homes para esixir políticas reais de igualdade en tódolos ámbitos.
Aínda hoxe o traballo de un gran número de mulleres( xeralmente en condicións irregulares e en precario) continúa a considerarse un complemento salarial da economía familiar.

Moito queda por facer para lograr a igualdade de oportunidades e opcións no mundo laboral, esto sen tratar e afondar na situación dos grupos sociais femininos máis desfavorecidos, onde as diferenzas fanse máis extremas. Os colectivos con menor preparación suelen ter as rendas máis baixas.A igualdade social e básica para lograr a igualdade laboral.

Cuestións xeográficas, sociais ou económicas, así coma a carencia de alternativas que permitan compatibilizar a vida laboral e familiar pechan as portas a moitas mulleres a hora de buscar un emprego.

A falla de garderías, de comedores escolares adaptados ás xornadas de traballo son un exemplo claro do complicado que resulta compatibilizar a vida laboral coa familiar.
A pouca implicación das administracións para dar solución a dita situación é evidente sendo case nulos os esforzos para mellorar esta circunstancia,ó tempo que non hai tampouco interese por parte da empresa privada.

Aínda é máis difícil para aquelas mulleres que carecen da preparación necesaria: non coñezo ningún caso de cursos de formación con horarios adaptados ós das mulleres que a eles asistían.A gran maioría das que teñen cargas familiares renuncian a asistir por cuestións puramente económicas.De novo péchase o círculo.

Só sei que é momento de mudar o discurso por accións, de políticas serias que posibiliten a integración plena da muller en igualdade de oportunidades, de plans de aprendizaxe e preparación obxectivos e adaptados as necesidades reais e ben enfocados de cara ó mundo laboral, de unha mentalidade empresarial que permita compaxinar traballo e vida familiar .........xa é tempo de que as mulleres teñamos opcións para acadar e demostrar a nosa valía e que nos permita estar presentes en todos e cada un dos ámbitos da nosa sociedade.

O día da muller traballadora son 365 días ó ano e o traballo digno e un dereito de tod@s.

0 comentarios