Blogia
karkeixa

Combater a ignorancia con poesía

Combater a ignorancia con poesía

 

Celso Emilio Ferreiro

 

DEITADO FRENTE AO MAR

Lingoa proletaria do meu pobo,

eu fáloa porque sí, porque me gosta,

porque me peta e quero e dame a gaña;

porque me sai de dentro, alá do fondo

dunha tristura aceda que me abrangue

ao ver tantos patufos desleigados,

pequenos mequetrefes sin raíces

que ao pór a garabata xa nan saben

afirmarse no amor dos devanceiros,

falar a fala nai,

a fala dos abós que temos mortos,

e ser, co rostro erguido,

mariñeiros, labregos do lingoaxe,

remo i arado, proa e rella sempre.

Eu fáloa porque sí, porque me gosta

e quero estar cos meus, coa xente miña,

perto dos homes bos que sofren longo

unha historia contada noutra lingoa.

Non falo pra os soberbios,

non falo pra os ruis e poderosos,

non falo pra os finchados,

non falo pra os valeiros,

non falo pra os estúpidos,

que falo pra os que agoantan rexamente

mentiras e inxusticias de cotío;

pra os que súan e choran

un pranto cotidián de volvoretas,

de lume e vento sobre os ollos núos.

Eu non podo arredar as miñas verbas

de tódolos que sofren neste mundo.

E ti vives no mundo, terra miña,

berce da miña estirpe,

Galicia, dóce mágoa das Españas,

deitada rente ao mar, ise camiño...

 


¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

2 comentarios

karkeixa -

Tes razón e rectifico.
Obrigada polo aviso

Alité -

Falo de memoria, estou lonxe da casa pra comprobalo, pero estóu certa de que a segunda estrofa non é "Eu faloa porque si, porque me gusta
e quero estar cos meus, coa xente que sufren longo
unha historia contada noutra lingua.", que é "Eu faloa porque si, porque me gusta
e quero estar cos meus, coa xente miña, perto dos homes bós que sufren longo
unha historia contada noutra lingua."
Non sei se a grafía é así, pois que levo moitos anos fora da Terra e xa son analfabeta (non sei escreber na miña lingua), pero o texto era tal
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres