Blogia
karkeixa

Olladas

En orde

Fixeron colas, durmiron no chan, aproveitaron as vacacións para ir ata velorio ou ó funeral,comeron mal e caro, pasaron frío.
A cidade de Roma era un caos, e moitos fixeron o agosto en pleno mes de abril a costa do fervor.
Cuestión de fe, disque, e logo algúns falan do fanatismo ó que levan outras crenzas.
Para min as únicas diferencias son a organización e a posta en escea.

igua qué?

Día da muller traballadora, comezan as celebracións de caracter institucional: charlas, homenaxes,lecturas ................ben.

Máis é día de celebración?será.Para min é día de reinvidicación clara e contundente, de falar mulleres e homes para esixir políticas reais de igualdade en tódolos ámbitos.
Aínda hoxe o traballo de un gran número de mulleres( xeralmente en condicións irregulares e en precario) continúa a considerarse un complemento salarial da economía familiar.

Moito queda por facer para lograr a igualdade de oportunidades e opcións no mundo laboral, esto sen tratar e afondar na situación dos grupos sociais femininos máis desfavorecidos, onde as diferenzas fanse máis extremas. Os colectivos con menor preparación suelen ter as rendas máis baixas.A igualdade social e básica para lograr a igualdade laboral.

Cuestións xeográficas, sociais ou económicas, así coma a carencia de alternativas que permitan compatibilizar a vida laboral e familiar pechan as portas a moitas mulleres a hora de buscar un emprego.

A falla de garderías, de comedores escolares adaptados ás xornadas de traballo son un exemplo claro do complicado que resulta compatibilizar a vida laboral coa familiar.
A pouca implicación das administracións para dar solución a dita situación é evidente sendo case nulos os esforzos para mellorar esta circunstancia,ó tempo que non hai tampouco interese por parte da empresa privada.

Aínda é máis difícil para aquelas mulleres que carecen da preparación necesaria: non coñezo ningún caso de cursos de formación con horarios adaptados ós das mulleres que a eles asistían.A gran maioría das que teñen cargas familiares renuncian a asistir por cuestións puramente económicas.De novo péchase o círculo.

Só sei que é momento de mudar o discurso por accións, de políticas serias que posibiliten a integración plena da muller en igualdade de oportunidades, de plans de aprendizaxe e preparación obxectivos e adaptados as necesidades reais e ben enfocados de cara ó mundo laboral, de unha mentalidade empresarial que permita compaxinar traballo e vida familiar .........xa é tempo de que as mulleres teñamos opcións para acadar e demostrar a nosa valía e que nos permita estar presentes en todos e cada un dos ámbitos da nosa sociedade.

O día da muller traballadora son 365 días ó ano e o traballo digno e un dereito de tod@s.

Mar

Dun golpe nove vidas,nove ondas, e en quen daba vida deixou morte.
Agora vai devolvendo os corpos e con eles un lugar no que poida descansar a dor de quen os perdeu.
Mais para dúas familias continúa a espera.

Hai cada

Hai cada Cal é o tripartito da "morralla"?
Máis posto en temas milagreiros estaba o primeiro.Xa se sabe como son os camiños do Señor nesta terra e coma a eles adáptanse as novas tecnoloxías dixitais.

A saúde do capital

Cal é o límite?
Seica que para o mercado non existe, pois é coma unha goma elástica que cede e cede, perdendo a medida entre o que é xusto e o que é necesario, e así o dereito a saúde acaba sendo parte da propiedade intelectual.
MSF

Satélite

Satélite Soluciono os meus silencios cun océano;
un número de auga,
unha verba salgada
que amarro a min con serpes verdes
recollidas na curva máis urxente
que traza un capicúa.

Pero na noite,
recito espida ós pés da túa cama,
e pese ó ritual da transparencia
continúo a ser un satélite da lúa.

(A.M.S.)

Escola unitaria

Escola unitaria O tempo inmóbil contrastaba coas follas secas e co lique que sangraba entre a cal das paredes, mentres o espazo semellaba fuxir do reflexo da luz que se dividía para caer en ningún lado.
Sen ruído.
Só o silencio invadía o lugar que tempo atrás ocuparan as pegadas de pés pequenos.
Onde estarán agora os nenos?