Blogia
karkeixa

Manuel María

Manuel María Non,non marchou.
Continuará fluíndo mesturado entre súas verbas de poeta nas que o seu pensamento e o seu sentimento unírose para crear unha poesía firme e comprometida.
Amou esta Nosa Terra como só os xenerosos poden facelo, da forma máis valente, persoal e fermosa.
No amor a Terra estará sempre entre nós.

TESTIMUÑA

Estou entre a néboa, eiquí en Galicia.
Non teño dornas pra navegar o mar
que peta en mín, mouro e terribel.
Profesei de galego dende neno
na miña Terra Chá senlleira e longa.
Por sucos teño as miñas veas,
unha soidade fonda por semente
e por terra cativa este meu corpo
feito de arxila feble e pecadora.
Dos meus escuros beizos estas verbas
que anceian voar como paxaros
polo ceio pequeno de min mesmo.
Agardo, ano tras ano, pola rosa
que ten que agromar, fermosa e branca,
pra xustificar así a miña vida
escura e caladiña baixo o vento
sotil e misterioso de saudade.
E falo decote nesta música
na que canta Galicia dende sempre.

(Entre a arxila e a luz)
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres.

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres