Blogia
karkeixa

Dinamiteira

Dinamiteira

Agora que xa pasou o rebumbio e hoxe que as portadas dos xornais non van a saír en galego..

Verba que comenza

Linme hoxe toda por dentro.

Linme!

Cómo me está chegando!

Cómo me apaña!

non sei si me chega ou vou por ela.

Non o sei,

Ouh pra que me chouxeches se hoxe me levas?

Hoxe,

Hoxe, día de todos  en un.

Infindá do tempo. Hoxe!

Hoxe  de quen todos somos na marea sin ondas,

sin velas,

sin barcos en coor vello.

Hoxe,de quen?

Hoxe:dirán uns.

Hoxe: dirán outros mentras...

mentras reparan no que non hai.

En hoxe todos,

todos damos do fin o paso del.

Meu amigo onte!

Ti vas quedando,

quedas pregón que enmarca nas áas do tempo a voz

que ti mesmo diches sinxela e pulida, aquela.

Ti quedas como queda o aire

entre as cousas que son

como queda a loita,

como queda  a terra,

como queda a Forza

aquela en que ti vas hasta a derradeira,

derradeira,

vas calado.

Calas mentras contas as presadas que de nós van

caendo,

vas na verba,

verba que rixe,

verba enteira que é.

Vas e dis anque calas e non cingues

xeito novo.

Pro si:

de nós levas.

María Mariño


 

0 comentarios