Blogia
karkeixa

e dalle

E veña coa conferencia episcopal e a lei de parellas, e digo eu, a culpa é dos que lle fan caso, que si nos medios de comunicación non se lles dira importancia,pouco ían a trascender os seus “dogmas”.

O triste da historia ven da man dos políticos que fan xogo con eles olvidando que non deben os seus postos a razóns de “fé” e o desta xente si que me parece unha tomadura de pelo: ¿Qué é eso de razón de conciencia para non cumprir a lei?¿Quen son les para negar ou delegar un dereito?
Se a súa moral lles fai entrar en contradiccións coas súas obrigas deberían deixar os seus postos e gañaríamos todos en tranquilidade, porque por outra banda, a min medo me dan estas persoas que pretenden ir o ceo dende os seus despachos esquecendo que cos nosos votos non eleximos reverendos.
Todo esto paréceme delirante, e xa postos a levarlles a corrente, podo eu obxetar por razóns estéticas, deportivas ou musicais para que tal ou cal alcalde, concelleiro ou funcionario(porque digo eu, o persoal das administración terá o mesmo dereito que un alcalde ¿non?) non firme o meu certificado de empadroamento, de voda ou o que lle cadre.

Por min poden dicir misa, pero donde corresponde e líbreme deus de meterme aló.

0 comentarios