Blogia
karkeixa

Contos

Traballos manuais

Cando “Todo me pasa” era neno, tivo unha mestra da súa mesma parroquia, que vivía cun irmá solteiro coma ela.
A situción económica da familia permitira que a muller estudara na capital, e de aló voltou con novo e útil sistema de apredizaxe para a materia de manualidades.
Tan pronto comezou a exercer, fixo uso dos coñecementos e aplicacións adquiridos en dita asignatura e cando o tempo o permitía daba as clases ó ar, en pleno contacto coa natureza.
Sen artificios, sen filosofías rebuscadas; nen Gaia nen chispas........se tocaban traballos manuais ían a horta da seño a quitar herbas.