
|
Se muestran los artículos pertenecientes al tema Xalundes. O-OSe lo envuelvo para regalo? Se fas o favor. Normal o para San Valentin? Normal. .....¿ Tarjeta doble cero? volatineira Busco entre dous puntos calquera da espiral o equilibrio para non anularme no teu corpo mentras ti escrebes na deriva da miña pel un ensalmo que me deixa descalza na túa ausencia. R-N Canle![]() O debuxo dunha flor marca a pausa no libro reservado para a brétema Nel medran cerdeiras nas que rabuño o teu alcume desfacendo as gañas de ouvear entre as cortizas Xamais nos despedimos ti non lembras que nunca aprendiches o meu nome pero é o meu silencio o que me estruga a boca acurralando a miña voz ata afogarme. Só quixen aprender que algunhas derrotas as deciden os paxaros Vaise levantando a noite en pingas arrodéame a intemperie mentres o sol estoura contra a pedra Adivíñote no muro da praza e confirmo que o tempo que perdo nas esperas non é cura para esta dor que impón a súa teima. Se cadra non me ves pero nas miñas mans levo un diluvio e non me atende. Invernía Silveira.Invernía_2![]() Carballo. Charoko Para poder bicarte cando corres, fixen das miñas pálpebras uns beizos.lúa-nova.Hai noites tan fermosas que fan lanzar aturuxos a lúa. (Para Amada) lume novoUn día de oito días,é un día moi longo e da tempo a sentarse nun anel de Saturno para pensar con calma. No medio, esta noite de San Xoán na que a xente baila arredor das lumeiradas, os cachos pendúranse nas fiestras,o mar e as fontes son aínda máis milagreiras e arde a mextura de azucre e caña mentras se recita o conxuro da queimada para BOTAR ás meigas fóra: Mouchos, coruxas, sapos e bruxas. Demos, trasgos e diaños, espritos das nevoadas veigas. Corvos, pintigas e meigas: feitizos das manciñeiras. Podres cañotas furadas, fogar dos vermes e alimañas. Lume das Santas Compañas, mal de ollo, negros meigallos, cheiro dos mortos, tronos e raios. Oubeo do can, pregón da morte; fuciño do sátiro e pe do coello. Pecadora lingua da mala muller casada cun home vello. Averno de Satán e Belcebú, lume dos cadavres ardentes, corpos mutilados dos indecentes, peidos dos infernales cús, muxido da mar embravecida. Barriga inútil da muller solteira, falar dos gatos que andan á xaneira, guedella porca da cabra mal parida. Con este fol levantarei as chamas deste lume que asemella ao do Inferno, e fuxirán as bruxas a cabalo das súas escobas, indose bañar na praia das areas gordas. ¡Oide, oide! os ruxidos que dan as que non poden deixar de queimarse no augardente quedando así purificadas. E cando este brebaxe baixe polas nosas gorxas, quedaremos libres dos males da nosa alma e de todo embruxamento. Forzas do ar, terra, mar e lume, a vós fago esta chamada: si é verdade que tendes máis poder que a humana xente, eiquí e agora, facede cós espritos dos amigos que estan fóra, participen con nós desta Queimada. Que habelas, hailas. esferas De todas as que son, ningunha é coma min e todas somos eu.AturuxoEscoito música no camiño, e por non perder o costume, aguanto o ar mentres cruzo a Ponte do Porco. De repente, o meu carón vai a Carolina. As dúas estamos en guerra, mais ela cun aturuxo dame o pé para cantar: pronto virá o tempo das cereixas. segunda manMiro a fecha da edición:Barcelona, 1975 Na casa ollo a portada, o abro para olelo,paso as follas, e pregúntome que quedará do seu outro dono entre as páxinas. Só unha dobrez nunha cuartilla? Acordar Olive tree with yellow sky and sun.V.Van Gogh. Hoxe non sabería que dicirlle a ningunha das víctimas da violencia e todo o que non sexa silencio o sinto coma ruído.Este calar non é esquecemento, e un espacio para a memoria de tódalas víctimas de calquera tipo de terrorismo,de calquera tipo de imposición, de calquera tipo de guerra. Satélite Soluciono os meus silencios cun océano;un número de auga, unha verba salgada que amarro a min con serpes verdes recollidas na curva máis urxente que traza un capicúa. Pero na noite, recito espida ós pés da túa cama, e pese ó ritual da transparencia continúo a ser un satélite da lúa. (A.M.S.) e cinco Para que nos atope sempre bailando.Decembro Énchese todo de cor formiga e de humidade.Agora son máis caracol que nunca.Dentro da miña cuncha, adormezo imaxinando un nadal de magosto e lume novo. min-eu-me Microcosmo,universo minúsculo e parte imprescindíbel do todo.Dentro dos meus anacos tento descubrirme: Qué é o que hai de min en min mesma? De canto de min mesma son eu a dona? Canto do meu resúltame alleo? Remexerme nos adentros desorientame,teño a sensación de atoparme nun parvulario do íntimo. CubaPenso en Cuba: en vivila. As veces máis que un soño é un afán, que me leva a unha viaxe imaxinaria pola Habana, Cienfuegos, Santiago de Cuba............. entre o olor da súa xente, o seu sabor, a cor dos seus sons. Mentras o penso,asómame un sorriso e lembro a Fiz de Cotobelo. Xalundes Xalundes: Nalgún lugar indeterminado, noutro espazo.É a mellor aproximación que podo facer de min mesma e venme dada por un adverbio. O resto e circunstancial, simple coincidencia coa que eu as máis das veces non concordo. Ata este momento, só unha persoa perdeuse por estas terras de formigas. Saúde. PaseniñoO importante no camiño son os pasos,as pegadas. A viaxe é o medio,mais a cada paso chegamos,estamos,somos. Entón,camiñemos,sexamos vieiros. Boas noites Se cadra,pasou por aquí Kometa.É grato saber que no firmamento tamén camiñan paxaros. Que alumee a estrelaroxa. Saúde caladiña As veces, paréceme que estou casi feita de ausencias, é todo sóbrame.Non me entendo no medio deste baleiro, e é como si o silencio nacera no meu estómago,tan denso como un furado negro, e fórame absorbendo.O ruído de fóra resúltame alleo,e as voces que preciso non din nada,están caladas.Esta noite voltarei camiñando a Torre. calorVaia.Hoxe entro aquí de novo, e o que fun escribindo o principio foi desaparecendo. Bueno, hoxe non me apetece ferrenchar, tratarei de amañalo outro día.Vai moito calor Fai máis de mes e medio que non poñía nada,o cal ven a confirmar que son nugallá, pero a verdade e que pérdome por outros blogs que non deixan de asombrarme e que din mellor que eu, o que moitas veces eu quero dicir..........e nos que os autores son capaces de poñer unha foto! cousa que aínda non logrei. Ben, esto de hoxe é a modo de proba. Saúde! CamiñosCamiñamos, os dous, xuntos, e neste caso (e case sempre), él é o meu mestre. Ábreme de novo a un mundo esquecido, cheo de termos específicos que definen con claridade situacións do máis complexas, de alquimia que todo o soluciona, de animais adaptados a tódalas necesidades, de consellos básicos a hora de facer globos co chicle. A súa conversa é máis lúcida que a da maioría dos adultos que me rodean, e por suposto máis entretida. Toca todos os paus: gastronomía, parella, política, saúde, ecoloxía, e ponse moi serio cando falamos dos “asuntos” do patio. Gosta do Bravú, e somos “Heredeiriños sento por sento %.” Hai días que o noso reino non é deste mundo Abril Estamos no Abril.Abril, que máis ca un mes, é un símbolo, unha ponte, unha pegada, son firme que un deixa deliberadamente entre os beizos cando o pronuncia. É unha desas verbas cheas de contidos, que asocio con outras tan fermosas coma ela, polo que anuncian, polo que prometen, polo que comprometen, e penso agora: Igualdade. Saúde e cravos... |
karkeixaBitácora de formiga e caracol; un eu son que non repara en variar o seu propio movemento que avanza en espirais sen outro límite que o que as verbas poñen ó pensamento.
TemasArchivos
Enlaces
|