Blogia
karkeixa

Canle

Canle

O debuxo dunha flor marca a pausa no libro reservado para a brétema

Nel medran cerdeiras nas que rabuño o teu alcume

desfacendo as gañas de ouvear  entre as cortizas

Xamais nos despedimos

ti non lembras que nunca aprendiches o meu nome

pero é o meu silencio o que me estruga a boca

acurralando a miña voz ata afogarme.

Só quixen aprender que algunhas derrotas as deciden os paxaros 

Vaise levantando a noite en pingas

arrodéame a intemperie mentres o sol estoura contra a pedra

Adivíñote no muro da praza 

e confirmo que o tempo que perdo nas esperas

non é cura para esta dor que impón a súa teima.

Se cadra non me ves pero nas miñas mans levo un diluvio e non me atende.

0 comentarios