Protección oficial
La opinión de A Coruña
Los grupos de la oposición en el Ayuntamiento de A Coruña han mostrado su perplejidad ante las declaraciones realizadas el pasado miércoles por Francisco Vázquez, quien explicó que los pisos protegidos que se construyan en los muelles que se recalifiquen serán "para jóvenes trabajadores sin hijos que ganen entre 1.200 y 1.400 euros mensuales"
Inés e Xaime vivían na casa máis triste da cidade,entrar nela transformaba calquera ánimo nunha profunda saudade, vivir aló era como vivir fóra da propia terra.
As contas xustas non daban para un piso con menos esquinas, porque se algo lle sobraba a aquel espacio eran os ángulos,a cada cal máis pechado e máis mezquino, estragando o pouco sitio que entre os seus dous lados se agochaba.
Nalgunha das paredes, a ilusión de un armario empotrado, onde por todo acomodo só collía unha unidade de escaseza,pero cando menos, servía para ocultar algún de esos ricóns que parecían reproducirse de xeito automático.
Nas habitacións puxeran moquetas marróns por aquelo de que é unha cor moi sufrida, nun vano intento de dar calidez a aqueles ocos, pero o tempo estropeounas e encheunas de un olor que caracterizaba o lugar: alí todo ulía a oscura humidade.
E a luz era cativa, tanto que non chegaban a medrar os días e a media tarde a noite chegaba ó piso para acomodarse nel,e aínda quedaba na casa cando Inés saía cara o traballo
Luz ....alí só era unha verba que acompañaba a palabra patio, un furado a donde daba o ventanuco que había no cuarto de baño pero que ben podía chamarse patio de voces, pois cando estaba aberto un entraba directamente nas intimidades dos outros fogares: escoitabase todo con tanta nitidez que poderían facerse as reunións veciñais sen saír dos pisos.
Ela pechaba os ollos e visualizaba unha grileira.
Pero era todo canto podían permitirse, e aquelo que en principio ía ser unha estancia temporal, acabou por convertirse en único remedio.
Traballaban os dous,dous esforzos para xuntar un salario digno que permitira mirar adiante, e criar dous nenos que chegaran casi xuntos, un da má do outro..... nenos,con horario obreiro, sempre da zeca para meca, cediño a casa da avóa,ata que pola tardiña ela pasaba a recollelos..
A volta a casa estaba chea de bicos e sonrisos tan grandes que ocultaban os horizontes, e entón permitíase soñar, e soñaba cun piso do porto e imaxinaba o vento fresco bailando coas cortinas e empurando a claridade.
Se alguén precisaba do apoio para sacudirse as esquinas eran eles

0 comentarios