Cabodano na Quintana
Quinto cabodano do afundimento do Prestige.
Eu hoxe, a media mañá,estarei en na Quintana, lonxe dos actos oficiais que pretenden darlle á situación medio ambiental un clima de normalidade.
Superados os efectos visuais da marea, non hai perigo para os cegos.
Porén existe e Galiza está chea de berros de Nunca Máis e que se chaman Reganosa plano acuícola,formigón incontrolado, lumes, canteiras, parques eólicos...........e outros moitos nomes, que a calqueira que repare nestas letras, van a virlle a cabeza, auténticas desfeitas que nacen dun exercicio de prepotencia sobre a cidadanía, e dun desprezo aterrador ó patrimonio natural e cultural do noso País.
Seguramente mañá non haberá ninguén na Praza da Quintana, e a miña voz derramarase polas lastras.
Síntome impotente e defraudada ante os que cando lles convén só están dispostos a escoitar o seu silencio.
0 comentarios