O-O
Se lo envuelvo para regalo?
Se fas o favor.
Normal o para San Valentin?
Normal.
.....¿ Tarjeta doble cero?
Se lo envuelvo para regalo?
Se fas o favor.
Normal o para San Valentin?
Normal.
.....¿ Tarjeta doble cero?
Busco entre dous puntos calquera da espiral
o equilibrio para non anularme no teu corpo
mentras ti escrebes na deriva da miña pel
un ensalmo que me deixa descalza na túa ausencia.
R-N
O debuxo dunha flor marca a pausa no libro reservado para a brétema
Nel medran cerdeiras nas que rabuño o teu alcume
desfacendo as gañas de ouvear entre as cortizas
Xamais nos despedimos
ti non lembras que nunca aprendiches o meu nome
pero é o meu silencio o que me estruga a boca
acurralando a miña voz ata afogarme.
Só quixen aprender que algunhas derrotas as deciden os paxaros
Vaise levantando a noite en pingas
arrodéame a intemperie mentres o sol estoura contra a pedra
Adivíñote no muro da praza
e confirmo que o tempo que perdo nas esperas
non é cura para esta dor que impón a súa teima.
Se cadra non me ves pero nas miñas mans levo un diluvio e non me atende.
Silveira.
Carballo.
Para poder bicarte cando corres, fixen das miñas pálpebras uns beizos.
Porque nós xa gañamos.
De todas as que son, ningunha é coma min e todas somos eu.
-
Olive tree with yellow sky and sun.
Soluciono os meus silencios cun océano;