Blogia
karkeixa

Camiños

Camiñamos, os dous, xuntos, e neste caso (e case sempre), él é o meu mestre.
Ábreme de novo a un mundo esquecido, cheo de termos específicos que definen con claridade situacións do máis complexas, de alquimia que todo o soluciona, de animais adaptados a tódalas necesidades, de consellos básicos a hora de facer globos co chicle.

A súa conversa é máis lúcida que a da maioría dos adultos que me rodean, e por suposto máis entretida. Toca todos os paus: gastronomía, parella, política, saúde, ecoloxía, e ponse moi serio cando falamos dos “asuntos” do patio.

Gosta do Bravú, e somos “Heredeiriños sento por sento %.”
Hai días que o noso reino non é deste mundo

0 comentarios