Blogia
karkeixa

lume novo

Un día de oito días,é un día moi longo e da tempo a sentarse nun anel de Saturno para pensar con calma.
No medio, esta noite de San Xoán na que a xente baila arredor das lumeiradas, os cachos pendúranse nas fiestras,o mar e as fontes son aínda máis milagreiras e arde a mextura de azucre e caña mentras se recita o conxuro da queimada para BOTAR ás meigas fóra:

Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.
Demos, trasgos e diaños,
espritos das nevoadas veigas.
Corvos, pintigas e meigas:
feitizos das manciñeiras.
Podres cañotas furadas,
fogar dos vermes e alimañas.
Lume das Santas Compañas,
mal de ollo, negros meigallos,
cheiro dos mortos, tronos e raios.
Oubeo do can, pregón da morte;
fuciño do sátiro e pe do coello.
Pecadora lingua da mala muller
casada cun home vello.
Averno de Satán e Belcebú,
lume dos cadavres ardentes,
corpos mutilados dos indecentes,
peidos dos infernales cús,
muxido da mar embravecida.
Barriga inútil da muller solteira,
falar dos gatos que andan á xaneira,
guedella porca da cabra mal parida.
Con este fol levantarei
as chamas deste lume
que asemella ao do Inferno,
e fuxirán as bruxas
a cabalo das súas escobas,
indose bañar na praia
das areas gordas.
¡Oide, oide! os ruxidos
que dan as que non poden
deixar de queimarse no augardente
quedando así purificadas.
E cando este brebaxe
baixe polas nosas gorxas,
quedaremos libres dos males
da nosa alma e de todo embruxamento.
Forzas do ar, terra, mar e lume,
a vós fago esta chamada:
si é verdade que tendes máis poder
que a humana xente,
eiquí e agora, facede cós espritos
dos amigos que estan fóra,
participen con nós desta Queimada.

Que habelas, hailas.

2 comentarios

karkeixa -

Olá Susana!
Non estou segura,pero creo que é unha variante da palabra menciñeiro.Sinto non ser de máis axuda.
Saúde.

susana manciñeiras -

Como mi apellido es Manciñeiras, palabra que figura en el conjuro de San Xoan, alguien podria decirme su significado. Gracias.