Que non!
Para min Reganosa era unha das razóns polas que se facía necesario un cambio urxente de goberno e esperaba que unha vez fóra o pp, a política levada a cabo pola xunta con referencia a este tema dise un xiro que puxera as cousas no seu lugar. Hoxe sorpréndeme que o silencio e a imposición chegasen tan lonxe e que a tales alturas o proxecto da regasificadora esteña tan avanzado dentro da ría, co perigo que supón e sabendo que a súa ubicación en Caneliñas non só era posíbel, senón que era a máis acertada.
De novo a cidadanía sae a rúa para deixar clara a súa postura. Non hai que calar porque non está aínda todo dito.
http://artabra21.blogspot.com/
0 comentarios