Se muestran los artículos pertenecientes al tema Galiza.

03/05/2008

pinta a lingua

Por falar galego tiven que escoitar auténticas sandeces, desas que te deixan asombrada e sen palabras, que simplemente serven para definir  claramente a quen as dí. Razoamentos de "pe de banco" que diría a miña avoa e que só conseguen manterme máis firme na miña escolla. 

Vou farta de papanatismo, intransixencia,  ignorancia e maltrato a miña língua...cansa dos "galegos" que non entenden o GALEGO e dos seus pobres argumentos para non falalo eles e o que é peor, para que non o fale eu.......Pois ben, razóns para falalo teño centos, pero chega con unha:

O fago porque me peta.

 

E o 18 de Maio a Santiago

03/05/2008 01:06 Autor: karkeixa. Enlace permanente. Tema: Galiza No hay comentarios. Comentar.

16/11/2007

Galiza Non Se Vende

20071116223215-galiza-non-se-vende.jpg

 

 Saúde e terra.

 GALIZA NOM SE VENDE

Com um fio
atei papeis de muitas cores
e fixem-lhe um arco íris pequeno ao vento.
Ás vezes a morte envolve-me
como a um ouriço a noite.
E sonho contigo e os teus círculos de cores.
Sonho que apareces entre os castinheiros do Courel
despido,
que vives numha árbore
com Julia Butterfly para evitar
que o governo permita umha canteira mais
no círculo de cores.
E sonho que apareces em Corrubedo
entre os cons, ou em Merexo,
e tes um lagarto arnal no ombro
e estás diante dumha excavadora
ergueito sobre um círculo de cores.
E contigo hai muita gente.
A gente que se deixa invadir pola natureza
-entra-lhe pola boca, os olhos, a língua
e fica protegida dentro sua
e fóra, no círculo de cores-
E vós que vendedes Galiza
por dinheiro, íde-lo pagar.
Porque em cada um dos nossos sonhos,
das nossas palavras,
nos paus que baixam polos rios,
nas pedras de Man de Camelhe
e nas ponlas das árbores da vida
hai círculos de cores,
e nas casas, nas ruas
e nos toxos que nacem debaixo da cama
hai círculos de cores.
Todos os dias pintamos
umha pancarta no ceu:
GALIZA NOM SE VENDE,
com círculos de cores.

Séchu Sende

16/11/2007 22:34 Autor: karkeixa. Enlace permanente. Tema: Galiza No hay comentarios. Comentar.

19/05/2007

Dinamiteira

20070519025429-turner-lightandcolour.jpg

Agora que xa pasou o rebumbio e hoxe que as portadas dos xornais non van a saír en galego..

Verba que comenza

Linme hoxe toda por dentro.

Linme!

Cómo me está chegando!

Cómo me apaña!

non sei si me chega ou vou por ela.

Non o sei,

Ouh pra que me chouxeches se hoxe me levas?

Hoxe,

Hoxe, día de todos  en un.

Infindá do tempo. Hoxe!

Hoxe  de quen todos somos na marea sin ondas,

sin velas,

sin barcos en coor vello.

Hoxe,de quen?

Hoxe:dirán uns.

Hoxe: dirán outros mentras...

mentras reparan no que non hai.

En hoxe todos,

todos damos do fin o paso del.

Meu amigo onte!

Ti vas quedando,

quedas pregón que enmarca nas áas do tempo a voz

que ti mesmo diches sinxela e pulida, aquela.

Ti quedas como queda o aire

entre as cousas que son

como queda a loita,

como queda  a terra,

como queda a Forza

aquela en que ti vas hasta a derradeira,

derradeira,

vas calado.

Calas mentras contas as presadas que de nós van

caendo,

vas na verba,

verba que rixe,

verba enteira que é.

Vas e dis anque calas e non cingues

xeito novo.

Pro si:

de nós levas.

María Mariño


 

19/05/2007 02:54 Autor: karkeixa. Enlace permanente. Tema: Galiza No hay comentarios. Comentar.

17/05/2005

qué lingua máis linda tes!!!

Hoxe é un "tódolos días con bicos na lingua" do mes de maio.

O MAYO

Aquí ven o mayo
De frores cuberto...
Puxéronse á porta
Cantándome os nenos;
Y-os puchos furados
Pra min estendendo,
Pedíronme crocas
D'os meus castiñeiros.

Pasay, rapaciños,
Calados e quedos;
Q' o qu' é poI-o d'oxe
Que darvos non teño.
Eu són vol-o probe
D'o povo gallego:
Pra min non hay mayo,
¡Pra min sempr' é inverno!....

Cand' eu m'atopare
De donos liberto
Y-o pan non me quiten
Trabucos e préstemos,
E com' os d'o abade
Frorezan meus éidos,
Chegado habrá estonces
O mayo q'ueu quero..

Querédes castañas
D'os meus castiñeiros?...
Cantádeme un mayo
Sin bruxas nin demos:
Un mayo sin segas,
Usuras nin preitos.
Sin quintas, nin portas,
Nin foros, nin cregos.

Aires d'a miña terra
Manuel Curros Enriquez
17/05/2005 03:51 Enlace permanente. Tema: Galiza No hay comentarios. Comentar.

08/12/2004

De Galiza

Tressa Stubbs.jpgXosé Neira Vilas

CANTARELA DOS NENOS

Amiguiños todos
amiguiños xa
os nenos deiquí
os nenos dala.
Os nenos do mundo
todos a cantar
e unha mesma voz
collidos da man.
Amiguiños todos
amiguiños xa
os nenos deiquí
os nenos dala.

Cantarela nosa
de amor e de paz
sin penchas nin odios
sin falsa irmanda.
Amiguiños todos
amiguiños xa
os nenos deiquí
os nenos dalá.

Rolda de sorrisos
dende mar a mar,
corazóns abertos
ollos de amistar.
Amiguiños todos
amiguiños xa
os nenos deiquí
os nenos dalá.

(Disco: Cantarolas para xente miúda)
08/12/2004 01:10 Enlace permanente. Tema: Galiza No hay comentarios. Comentar.

En Galego

Estaba coa Susanita moi entretida na rúa de palique, ata que chegou outro neno.
Como e lóxico a pequena púxose a xogar con él, e deixou de facerme caso.
Entón a súa nai, que ó igual que o seu pai aprenderon a falar entre o galego e o castelán, díxome moi convencida que a nena non atendía porque, segundo ela, non entendía o galego.
Eu a quen non entendo e a nai de Susanita.
08/12/2004 01:00 Enlace permanente. Tema: Galiza No hay comentarios. Comentar.

11/11/2004

No código do mar

Tamén no ceo.
Día da Dignidade.
Sempre
11/11/2004 00:56 Enlace permanente. Tema: Galiza No hay comentarios. Comentar.

30/09/2004

En Galiza

Galiza.jpgEn Galego.
30/09/2004 00:43 Enlace permanente. Tema: Galiza No hay comentarios. Comentar.

10/09/2004

Manuel María

Rosa branca-m.Banks.jpgNon,non marchou.
Continuará fluíndo mesturado entre súas verbas de poeta nas que o seu pensamento e o seu sentimento unírose para crear unha poesía firme e comprometida.
Amou esta Nosa Terra como só os xenerosos poden facelo, da forma máis valente, persoal e fermosa.
No amor a Terra estará sempre entre nós.

TESTIMUÑA

Estou entre a néboa, eiquí en Galicia.
Non teño dornas pra navegar o mar
que peta en mín, mouro e terribel.
Profesei de galego dende neno
na miña Terra Chá senlleira e longa.
Por sucos teño as miñas veas,
unha soidade fonda por semente
e por terra cativa este meu corpo
feito de arxila feble e pecadora.
Dos meus escuros beizos estas verbas
que anceian voar como paxaros
polo ceio pequeno de min mesmo.
Agardo, ano tras ano, pola rosa
que ten que agromar, fermosa e branca,
pra xustificar así a miña vida
escura e caladiña baixo o vento
sotil e misterioso de saudade.
E falo decote nesta música
na que canta Galicia dende sempre.

(Entre a arxila e a luz)
10/09/2004 01:08 Enlace permanente. Tema: Galiza No hay comentarios. Comentar.

14/07/2004

Ferrolterra

Esta tarde houbo na cidade de Ferrol unha mobilización polas súas rúas, para deixar claro e manifesto ó noso dereito ó traballo, e facer patente, que xa estamos fartos de palabras que non aportan solucións, cansos das promesas nas que se nos dan máis "peros" que acordos efectivos que acaben dunha vez problema.

E camiñamos.
Entre outras razóns, porque aquí, o silencio das esperas sempre é interpretado coma un asentir e conformarse polos que gobernan, e desta vez non pode ser así, estase a xogar co pan de moitas casas, co futuro dunha terra xa dabondo castigada e sacrificada en beneficio de outras (e de outros que non son povo), víctima de políticas de mellora que atenden a lugares que nunca son Galiza,de xestións nefastas coas que a nosa terra non medra e a nosa xente non avanza.

Nos últimos dez anos, abandoaron a comarca 10.000 galegos, a buscar lonxe o que aquí se lles nega....mentras os políticos non deixan de ter vacacións, e retardan o momento de sentarse e aportar solucións que permitan manter os postos de emprego nos estaleiros da Ría .
No seu lugar posibelmente quedarán simples xustificacións que agora xa non se poden permitir nen aceptar.
Uns pelexando polo seu dereito ó traballo, e outros molestos pola mosca que fastidia mentres están de descanso. Irónico, non?

O final verbas de Xurxo Souto, un manifesto de dignidade e orgullo na voz firme de Medos Romero, e a beleza do canto que é María Manuela.

Saúde e forza
14/07/2004 00:37 Enlace permanente. Tema: Galiza No hay comentarios. Comentar.

01/07/2004

Voltas

bannerconcertoautor[1].gifHoxe,entre as voltas da compra, díronme un billete.
Normalmente non me fixo, pero hoxe, non sei porque ,pareime a miralas,e o billete, tiña escrito a esquerda da Costa da Morte, “Nunca Máis”.

Eu non esquecín, mais gardarei os cinco euros, e se cadra enseñareillo a algún con gran facilidade para non lembrar, de esos ós que lles costa facer memoria.
Saúde.
01/07/2004 00:40 Enlace permanente. Tema: Galiza No hay comentarios. Comentar.




karkeixa

Bitácora de formiga e caracol; un eu son que non repara en variar o seu propio movemento que avanza en espirais sen outro límite que o que as verbas poñen ó pensamento.

Temas

Archivos

Enlaces


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]