Blogia

karkeixa

Merliños

Merliños

Nun niño novo no que non bata o vento.

Asleep

Asleep

 

 The Smiths

Sing me to sleep
Sing me to sleep
I’m tired and i
I want to go to bed

Sing me to sleep
Sing me to sleep
And then leave me alone
Don’t try to wake me in the morning
’cause I will be gone
Don’t feel bad for me
I want you to know
Deep in the cell of my heart
I will feel so glad to go

Sing me to sleep
Sing me to sleep
I don’t want to wake up
On my own anymore

Sing to me
Sing to me
I don’t want to wake up
On my own anymore

Don’t feel bad for me
I want you to know
Deep in the cell of my heart
I really want to go

There is another world
There is a better world
Well, there must be
Well, there must be
Well, there must be
Well, there must be
Well ...

Bye bye
Bye bye
Bye ...

Invernía

Invernía

Silveira.

Invernía_2

Invernía_2

Carballo.

Charoko

Charoko

Para poder bicarte cando corres, fixen das miñas pálpebras uns beizos.

lúa-nova.

Hai noites tan fermosas que fan lanzar aturuxos a lúa.
(Para Amada)

@-@-@-@-@.....

@-@-@-@-@.....

Porque nós xa gañamos.

lume novo

Un día de oito días,é un día moi longo e da tempo a sentarse nun anel de Saturno para pensar con calma.
No medio, esta noite de San Xoán na que a xente baila arredor das lumeiradas, os cachos pendúranse nas fiestras,o mar e as fontes son aínda máis milagreiras e arde a mextura de azucre e caña mentras se recita o conxuro da queimada para BOTAR ás meigas fóra:

Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.
Demos, trasgos e diaños,
espritos das nevoadas veigas.
Corvos, pintigas e meigas:
feitizos das manciñeiras.
Podres cañotas furadas,
fogar dos vermes e alimañas.
Lume das Santas Compañas,
mal de ollo, negros meigallos,
cheiro dos mortos, tronos e raios.
Oubeo do can, pregón da morte;
fuciño do sátiro e pe do coello.
Pecadora lingua da mala muller
casada cun home vello.
Averno de Satán e Belcebú,
lume dos cadavres ardentes,
corpos mutilados dos indecentes,
peidos dos infernales cús,
muxido da mar embravecida.
Barriga inútil da muller solteira,
falar dos gatos que andan á xaneira,
guedella porca da cabra mal parida.
Con este fol levantarei
as chamas deste lume
que asemella ao do Inferno,
e fuxirán as bruxas
a cabalo das súas escobas,
indose bañar na praia
das areas gordas.
¡Oide, oide! os ruxidos
que dan as que non poden
deixar de queimarse no augardente
quedando así purificadas.
E cando este brebaxe
baixe polas nosas gorxas,
quedaremos libres dos males
da nosa alma e de todo embruxamento.
Forzas do ar, terra, mar e lume,
a vós fago esta chamada:
si é verdade que tendes máis poder
que a humana xente,
eiquí e agora, facede cós espritos
dos amigos que estan fóra,
participen con nós desta Queimada.

Que habelas, hailas.

non cales,

non cales,

Xa está a abrollar a primavera..

HQB

HQB

Tamén nas paredes desta páxina hai pegada electoral simultánea.Vai por nós.

Chiscar os ollos

Chiscar os ollos

Así se asoma o día 20,cheo de ilusión.

Avante

Avante

.

esferas

esferas

De todas as que son, ningunha é coma min e todas somos eu.

Eran case as doce.

Onte os candidatos tiñan un compromiso cos electores, era a nós, ós que votamos e botamos, ante os que debían presentar o seu programa de futuro para a nosa terra, e só un amosou o respecto que  merecemos, sen precisar de intermediarios no debate.

e dalle

E veña coa conferencia episcopal e a lei de parellas, e digo eu, a culpa é dos que lle fan caso, que si nos medios de comunicación non se lles dira importancia,pouco ían a trascender os seus “dogmas”.

O triste da historia ven da man dos políticos que fan xogo con eles olvidando que non deben os seus postos a razóns de “fé” e o desta xente si que me parece unha tomadura de pelo: ¿Qué é eso de razón de conciencia para non cumprir a lei?¿Quen son les para negar ou delegar un dereito?
Se a súa moral lles fai entrar en contradiccións coas súas obrigas deberían deixar os seus postos e gañaríamos todos en tranquilidade, porque por outra banda, a min medo me dan estas persoas que pretenden ir o ceo dende os seus despachos esquecendo que cos nosos votos non eleximos reverendos.
Todo esto paréceme delirante, e xa postos a levarlles a corrente, podo eu obxetar por razóns estéticas, deportivas ou musicais para que tal ou cal alcalde, concelleiro ou funcionario(porque digo eu, o persoal das administración terá o mesmo dereito que un alcalde ¿non?) non firme o meu certificado de empadroamento, de voda ou o que lle cadre.

Por min poden dicir misa, pero donde corresponde e líbreme deus de meterme aló.

Acórdate do mar

Acórdate do mar

-

Boas noites

Boas noites

Se cadra,pasou por aquí Kometa.
É grato saber que no firmamento tamén camiñan paxaros.
Que alumee a estrelaroxa.
Saúde

depende de si-si

depende de si-si

Entre as axudas e os precios a pagar polos xornais, boto números e sáennos ben caras as novas.....e por riba para que as conten daquela maneira.

qué lingua máis linda tes!!!

Hoxe é un "tódolos días con bicos na lingua" do mes de maio.

O MAYO

Aquí ven o mayo
De frores cuberto...
Puxéronse á porta
Cantándome os nenos;
Y-os puchos furados
Pra min estendendo,
Pedíronme crocas
D'os meus castiñeiros.

Pasay, rapaciños,
Calados e quedos;
Q' o qu' é poI-o d'oxe
Que darvos non teño.
Eu són vol-o probe
D'o povo gallego:
Pra min non hay mayo,
¡Pra min sempr' é inverno!....

Cand' eu m'atopare
De donos liberto
Y-o pan non me quiten
Trabucos e préstemos,
E com' os d'o abade
Frorezan meus éidos,
Chegado habrá estonces
O mayo q'ueu quero..

Querédes castañas
D'os meus castiñeiros?...
Cantádeme un mayo
Sin bruxas nin demos:
Un mayo sin segas,
Usuras nin preitos.
Sin quintas, nin portas,
Nin foros, nin cregos.

Aires d'a miña terra
Manuel Curros Enriquez

Aturuxo

Escoito música no camiño, e por non perder o costume, aguanto o ar mentres cruzo a Ponte do Porco.
De repente, o meu carón vai a Carolina. As dúas estamos en guerra, mais ela cun aturuxo dame o pé para cantar: pronto virá o tempo das cereixas.