Se muestran los artículos pertenecientes al tema Olladas.

11/11/2007

Cabodano na Quintana

20071111012208-variacionm-.jpg

Quinto cabodano do afundimento do Prestige.

 

Eu hoxe, a media mañá,estarei en na Quintana, lonxe dos actos oficiais que pretenden darlle á situación medio ambiental un clima de normalidade.

Superados os efectos visuais da  marea, non hai perigo para os cegos.

Porén existe e Galiza está chea  de berros de Nunca Máis  e que se chaman  Reganosa plano acuícola,formigón incontrolado, lumes, canteiras, parques  eólicos...........e  outros moitos nomes, que a calqueira que repare nestas letras, van a virlle a cabeza, auténticas desfeitas que nacen dun exercicio de prepotencia sobre a cidadanía, e dun desprezo aterrador ó patrimonio natural e cultural do noso País.

 

Seguramente mañá non haberá ninguén na Praza da Quintana, e a miña voz derramarase polas lastras.

Síntome impotente  e defraudada ante os que cando lles convén só están dispostos a escoitar  o seu silencio.

 
11/11/2007 01:22 Autor: karkeixa. Enlace permanente. Tema: Olladas No hay comentarios. Comentar.

20/09/2007

 

Quen asinamos máis abaixo solidarizámonos coa Plataforma de Veciños do Cruceiro de Meá (Mugardos), pechados na Casa do Concello de Mugardos desde o mes de xullo, porque cremos que calquera veciño, calquera cidadán ou habitante, deste país ou de calquera outro, ten o dereito a que non lle estraguen a súa paisaxe e seu o contorno, e a non vivir a súa vida baixo a ameaza silenciosa dun perigo terríbel.

Quen asinamos este manifesto acreditamos que a xustiza e as leis que nos damos teñen que servir para defender os principios de igualdade e de liberdade, e non para protexer os intereses dos máis poderosos e xustificar as decisións que estes toman á marxe de toda legalidade e amparándose nos recantos máis escuros da sociedade e da humanidade.

Quen asinamos estas liñas acreditamos nun modelo de desenvolvemento sustentábel e autocentrado, que non repita os erros que se cometeron no pasado ao localizar empresas en sitios inaxeitados, e ao promover industrias de enclave que dun ou doutro xeito acaban por explotar e esgotar os recursos naturais que tamén son patrimonio de alguén, nosos ou doutros pobos.

Quen asinamos aquí sabemos que a existencia de REGANOSA en Punta Promontoiro trouxo tamén consigo a miseria e a baixeza morais de quen quixo ou precisou poñerse do lado dos poderosos, así como a tristura de ver enfrontados a veciños con veciños e a familias con familias, e que non hai forma máis implacábel de acabar cunha comunidade que destrozala dividíndoa desta maneira.

Quen asinamos temos a esperanza de que se traslade esta instalación fóra da Ría de Ferrol, na súa localización primixénea e ideal do Porto Exterior, e estamos convencidos de que aconteza o que aconteza coa nosa causa, moitas outras persoas están atendendo e entendendo, compartindo, ensinando e aprendendo desta loita que ante todo é xusta e fraternal.

Manifesto

20/09/2007 14:40 Autor: karkeixa. Enlace permanente. Tema: Olladas No hay comentarios. Comentar.

03/06/2007

mañán en Ferrol

No blog de Artritris aparece unha ilustración atinadísima do que está a pasar na ría de Ferrol.

Mañán de novo e ante o uso das medias mentirase abuso das verdades que non se dín, no Porto de Ferrol, haberá unha concentración ó mediodía convocada polo Comité cidadan.

03/06/2007 00:25 Autor: karkeixa. Enlace permanente. Tema: Olladas No hay comentarios. Comentar.

08/05/2007

Que non!

Para min  Reganosa era unha das razóns polas que se facía necesario un cambio urxente de goberno e esperaba que unha vez fóra o pp, a política levada a cabo pola xunta con referencia a este tema dise un xiro que puxera as cousas no seu lugar. Hoxe sorpréndeme que o silencio e a imposición  chegasen tan lonxe e que a tales alturas o proxecto da regasificadora esteña tan avanzado dentro da ría, co perigo que supón e sabendo que a súa ubicación en Caneliñas non só era posíbel, senón que era a máis acertada.

De novo a cidadanía sae a rúa para deixar clara a súa postura. Non hai que  calar porque non está aínda todo dito.

http://artabra21.blogspot.com/

 

08/05/2007 00:26 Autor: karkeixa. Enlace permanente. Tema: Olladas No hay comentarios. Comentar.

10/12/2006

Te recuerdo

20061210225616-21eed8d3-6fad-4b00-91c4-a2536163ef3c.jpg

 

Hoxe morreu un que non tiña que haber nacido, un que non foi quen pese a súa violencia e brutalidade, de evitar que corpos e voces  defenderan ata o final o que era deles.

Así, na loita están na nosa memoria.

 

TE RECUERDO AMANDA

VICTOR JARA

Te recuerdo Amanda
la calle mojada
corriendo a la fábrica
donde trabajaba Manuel.
La sonrisa ancha
la lluvia en el pelo
no importaba nada
ibas a encontrarte con él
con él, con él, con él
son cinco minutos
la vida es eterna
en cinco minutos
suena la sirena
de vuelta al trabajo
y tú caminando
lo iluminas todo
los cinco minutos
te hacen florecer.

Te recuerdo Amanda
la calle mojada
corriendo a la fábrica
donde trabajaba Manuel.
La sonrisa ancha
la lluvia en el pelo
no importaba nada
ibas a encontrarte con él
con él, con él, con él
que partió a la sierra
que nunca hizo daño
que partió a la sierra
y en cinco minutos
quedó destrozado
suena la sirena
de vuelta al trabajo
muchos no volvieron
tampoco Manuel.

Te recuerdo Amanda
la calle mojada
corriendo a la fábrica
donde trabajaba Manuel

10/12/2006 22:57 Autor: karkeixa. Enlace permanente. Tema: Olladas No hay comentarios. Comentar.

07/10/2006

Galeano

20061007234108-dequen.jpg

Artígos, ensaios, narrativa, poemas... a obra de Eduardo Galeano fai un retrato social do mundo, e en particular e por proximidade de América Latina, cargado  de reflexión e de denuncia, que fan de él un autor crítico co neoliberalismo que o compromete con aqueles que viven no medio do subdesarrollo económico e da opresión política que en ningún caso deixa indiferente ós seus lectores. 

Mais Galeano, e pese ós temas que trata, é quen de encher as súas páxinas de lírismo, tanto nos seus textos máis íntimos coma naqueles nos que dibuxa o presente e a memoria do que lle rodea.  

Onte non poiden ir a “Fábrica” en Oleiros.

Hoxe leo de novo “El libros de los abrazos”  

La función del arte /1

 Diego no conocía la mar. El padre, Santiago Kovadloff,lo llevó a descubrirla. 

Viajaron al sur. Ella, la mar, estaba mas allá de los altos médanos,esperando.

Cuando el niño y su padre alcanzaron por fin aquellas dunas de arena, después de mucho caminar, la mar estallo ante sus ojos. Y fue tanta la inmensidad de lamar, y tanto su fulgor que el niño quedo mudo de hermosura. 

Y cuando por fin consiguió hablar, temblando, tartamudeando,pidió a su padre;

- ¡Ayúdame a mirar!

 E.GALEANO  

 

07/10/2006 23:31 Autor: karkeixa. Enlace permanente. Tema: Olladas No hay comentarios. Comentar.

28/08/2006

Silvio

20060828023903-isabel-quintanilla.2.jpg
Casi diría que doe.

Ojalá

Ojalá que las hojas
no te toquen el cuerpo
cuando caigan
para que no las puedas
convertir en cristal.
Ojalá que la lluvia
deje de ser milagro
que baja por tu cuerpo.
Ojalá que la luna
pueda salir sin ti.
Ojalá que la tierra
no te bese los pasos.

Ojalá se te acabe
la mirada constante,
la palabra precisa,
la sonrisa perfecta.
Ojalá pase algo
que te borre de pronto:
una luz cegadora,
un disparo de nieve.
Ojalá por lo menos
que me lleve la muerte,
para no verte tanto,
para no verte siempre
en todos los segundos,
en todas las visiones.
Ojalá que no pueda
tocarte ni en canciones.

Ojalá que la aurora
no dé gritos
que caigan
en mi espalda.
Ojalá que tu nombre
se le olvide
a esa voz.
Ojalá las paredes
no retengan tu ruido
de camino cansado.
Ojalá que el deseo
se vaya tras de ti,
a tu viejo gobierno
de difuntos y flores.

Ojalá se te acabe
la mirada constante,
la palabra precisa,
la sonrisa perfecta.
Ojalá pase algo
que te borre de pronto:
una luz cegadora,
un disparo de nieve.
Ojalá por lo menos
que me lleve la muerte,
para no verte tanto,
para no verte siempre
en todos los segundos,
en todas las visiones.
Ojalá que no pueda
tocarte ni en canciones.
Ojalá pase algo
que te borre de pronto:
una luz cegadora,
un disparo de nieve.
Ojalá por lo menos
que me lleve la muerte,
para no verte tanto,
para no verte siempre
en todos los segundos,
en todas las visiones.
Ojalá que no pueda
tocarte ni en canciones.


28/08/2006 02:39 Autor: karkeixa. Enlace permanente. Tema: Olladas Hay 3 comentarios.

12/05/2006

Merliños

20060512232642-criasmerlo2.jpgNun niño novo no que non bata o vento.
12/05/2006 23:27 Autor: karkeixa. Enlace permanente. Tema: Olladas No hay comentarios. Comentar.

25/06/2005

@-@-@-@-@.....

cadea.jpgPorque nós xa gañamos.
25/06/2005 15:17 Enlace permanente. Tema: Olladas No hay comentarios. Comentar.

16/06/2005

non cales,

terra__.JPGXa está a abrollar a primavera..
16/06/2005 20:26 Enlace permanente. Tema: Olladas No hay comentarios. Comentar.

12/06/2005

HQB

hai_que_botalos_.jpgTamén nas paredes desta páxina hai pegada electoral simultánea.Vai por nós.
12/06/2005 00:17 Enlace permanente. Tema: Olladas No hay comentarios. Comentar.

11/06/2005

Chiscar os ollos

nino.jpgAsí se asoma o día 20,cheo de ilusión.
11/06/2005 12:42 Enlace permanente. Tema: Olladas No hay comentarios. Comentar.

10/06/2005

Avante

Dibujobv.JPG.
10/06/2005 01:06 Enlace permanente. Tema: Olladas No hay comentarios. Comentar.

07/06/2005

Eran case as doce.

Onte os candidatos tiñan un compromiso cos electores, era a nós, ós que votamos e botamos, ante os que debían presentar o seu programa de futuro para a nosa terra, e só un amosou o respecto que  merecemos, sen precisar de intermediarios no debate.
07/06/2005 12:54 Enlace permanente. Tema: Olladas No hay comentarios. Comentar.

02/06/2005

Acórdate do mar

hai-que-botalos!.jpg-
02/06/2005 22:59 Enlace permanente. Tema: Olladas No hay comentarios. Comentar.

24/05/2005

depende de si-si

contameunconto.jpgEntre as axudas e os precios a pagar polos xornais, boto números e sáennos ben caras as novas.....e por riba para que as conten daquela maneira.
24/05/2005 00:14 Enlace permanente. Tema: Olladas No hay comentarios. Comentar.

07/05/2005

e dalle

E veña coa conferencia episcopal e a lei de parellas, e digo eu, a culpa é dos que lle fan caso, que si nos medios de comunicación non se lles dira importancia,pouco ían a trascender os seus “dogmas”.

O triste da historia ven da man dos políticos que fan xogo con eles olvidando que non deben os seus postos a razóns de “fé” e o desta xente si que me parece unha tomadura de pelo: ¿Qué é eso de razón de conciencia para non cumprir a lei?¿Quen son les para negar ou delegar un dereito?
Se a súa moral lles fai entrar en contradiccións coas súas obrigas deberían deixar os seus postos e gañaríamos todos en tranquilidade, porque por outra banda, a min medo me dan estas persoas que pretenden ir o ceo dende os seus despachos esquecendo que cos nosos votos non eleximos reverendos.
Todo esto paréceme delirante, e xa postos a levarlles a corrente, podo eu obxetar por razóns estéticas, deportivas ou musicais para que tal ou cal alcalde, concelleiro ou funcionario(porque digo eu, o persoal das administración terá o mesmo dereito que un alcalde ¿non?) non firme o meu certificado de empadroamento, de voda ou o que lle cadre.

Por min poden dicir misa, pero donde corresponde e líbreme deus de meterme aló.
07/05/2005 23:02 Enlace permanente. Tema: Olladas No hay comentarios. Comentar.

20/04/2005

outra cor, outro fume.

"...quando dou pão aos pobres,
chamam-me de santo, quando
pergunto pelas causas da pobreza,
me chamam de comunista."...
Dom Hélder Câmara
"O DOM da paz"
20/04/2005 02:07 Enlace permanente. Tema: Olladas No hay comentarios. Comentar.

16/04/2005

A casa por facer

Certo, a dignidade non se mide en m2 (aínda que si que hai xente indigna que faga negocios con eles ),e un piso de trinta metros cuadrados podería ser unha parche temporal para a mocidade, sempre que a cuestión da vivenda para xente con cargas familiares estivese cando menos medio resolta.
Pero non solucionará nada.
O problema virá cando estas mini vivendas, por cuestións económicas comencen a ser ocupadas non por unha persoa, senón polas familias con menos recursos económicos para facer cadrar as contas, algo moi probábel debido á alta porcentaxe dos salarios que se destiñan ó arrendamento.
Entón os metros cuadrados si que serán indignos.

Pode ser que nun principio saía a conta de a menos metros menos renda, mais acabará por aplicarse a lei do mercado de a máis demanda máis alto o aluguer, ficando no olvido a política social
É coma empezar a casa polo tellado.
16/04/2005 18:42 Enlace permanente. Tema: Olladas No hay comentarios. Comentar.

14/04/2005

tele_evidente,

Teletouriño, telefraga !!!!!
Pois vai ser que tv é algo así coma unha multipropiedade...na que algúns só dispoñen de un case nada.
14/04/2005 00:47 Enlace permanente. Tema: Olladas No hay comentarios. Comentar.

08/04/2005

En orde

Fixeron colas, durmiron no chan, aproveitaron as vacacións para ir ata velorio ou ó funeral,comeron mal e caro, pasaron frío.
A cidade de Roma era un caos, e moitos fixeron o agosto en pleno mes de abril a costa do fervor.
Cuestión de fe, disque, e logo algúns falan do fanatismo ó que levan outras crenzas.
Para min as únicas diferencias son a organización e a posta en escea.
08/04/2005 22:21 Enlace permanente. Tema: Olladas No hay comentarios. Comentar.

07/03/2005

igua qué?

Día da muller traballadora, comezan as celebracións de caracter institucional: charlas, homenaxes,lecturas ................ben.

Máis é día de celebración?será.Para min é día de reinvidicación clara e contundente, de falar mulleres e homes para esixir políticas reais de igualdade en tódolos ámbitos.
Aínda hoxe o traballo de un gran número de mulleres( xeralmente en condicións irregulares e en precario) continúa a considerarse un complemento salarial da economía familiar.

Moito queda por facer para lograr a igualdade de oportunidades e opcións no mundo laboral, esto sen tratar e afondar na situación dos grupos sociais femininos máis desfavorecidos, onde as diferenzas fanse máis extremas. Os colectivos con menor preparación suelen ter as rendas máis baixas.A igualdade social e básica para lograr a igualdade laboral.

Cuestións xeográficas, sociais ou económicas, así coma a carencia de alternativas que permitan compatibilizar a vida laboral e familiar pechan as portas a moitas mulleres a hora de buscar un emprego.

A falla de garderías, de comedores escolares adaptados ás xornadas de traballo son un exemplo claro do complicado que resulta compatibilizar a vida laboral coa familiar.
A pouca implicación das administracións para dar solución a dita situación é evidente sendo case nulos os esforzos para mellorar esta circunstancia,ó tempo que non hai tampouco interese por parte da empresa privada.

Aínda é máis difícil para aquelas mulleres que carecen da preparación necesaria: non coñezo ningún caso de cursos de formación con horarios adaptados ós das mulleres que a eles asistían.A gran maioría das que teñen cargas familiares renuncian a asistir por cuestións puramente económicas.De novo péchase o círculo.

Só sei que é momento de mudar o discurso por accións, de políticas serias que posibiliten a integración plena da muller en igualdade de oportunidades, de plans de aprendizaxe e preparación obxectivos e adaptados as necesidades reais e ben enfocados de cara ó mundo laboral, de unha mentalidade empresarial que permita compaxinar traballo e vida familiar .........xa é tempo de que as mulleres teñamos opcións para acadar e demostrar a nosa valía e que nos permita estar presentes en todos e cada un dos ámbitos da nosa sociedade.

O día da muller traballadora son 365 días ó ano e o traballo digno e un dereito de tod@s.
07/03/2005 01:21 Enlace permanente. Tema: Olladas No hay comentarios. Comentar.

27/02/2005

Mar

Dun golpe nove vidas,nove ondas, e en quen daba vida deixou morte.
Agora vai devolvendo os corpos e con eles un lugar no que poida descansar a dor de quen os perdeu.
Mais para dúas familias continúa a espera.
27/02/2005 00:19 Enlace permanente. Tema: Olladas Hay 1 comentario.

19/02/2005

Hai cada

dedaleira.jpgCal é o tripartito da "morralla"?
Máis posto en temas milagreiros estaba o primeiro.Xa se sabe como son os camiños do Señor nesta terra e coma a eles adáptanse as novas tecnoloxías dixitais.
19/02/2005 20:57 Enlace permanente. Tema: Olladas No hay comentarios. Comentar.

17/02/2005

A saúde do capital

Cal é o límite?
Seica que para o mercado non existe, pois é coma unha goma elástica que cede e cede, perdendo a medida entre o que é xusto e o que é necesario, e así o dereito a saúde acaba sendo parte da propiedade intelectual.
MSF
17/02/2005 00:43 Enlace permanente. Tema: Olladas No hay comentarios. Comentar.

11/02/2005

Cambalache

Cambalache
Enrique Santos Discépolo

Que el mundo fue y será una porquería,
ya lo se...
en el quinientos seis
y en el dos mil también.
Que siempre ha habido chorros,
maquiavelos y estafaos,
contentos y amargaos,
valores y dublés...
Pero que el siglo veinte
es un despliegue
de maldad insolente
ya no hay quien lo niegue.
Vivimos revolcaos en un merengue
y en un mismo lodo
todos manoseaos...

Hoy resulta que es lo mismo
ser derecho que traidor..
ignorante, sabio, chorro,
generoso o estafador
¡Todo es igual! ¡Nada es mejor!
¡Lo mismo un burro
que un gran profesor!
¡No hay aplazaos ni escalafón,
los inmorales nos han igualao!
Si uno vive en la impostura
y otro roba en su ambición,
da lo mismo que sea cura,
colchonero, rey de bastos,
caradura o polizón...

¡Que falta de respeto,
que atropello a la razón!
¡Cualquiera es un señor!
¡Cualquiera es un ladrón!
Mezclao con Stavisky va Don Bosco
y «La Mignón»,
Don Chicho y Napoleón,
Carnera y San Martín...
Igual que en la vidriera irrespetuosa
de los cambalaches
se ha mezclao la vida
y herida por un sable sin remache
ves llorar la Biblia
contra un calefón.

Siglo veinte, cambalache
problemático y febril
El que no llora, no mama,
y el que no afana es un gil.
¡Dale nomás! ¡Dale que va!
¡Que allá en el horno
nos vamo a encontrar!
¡No pienses más,
sentate a un lao!
Que a nadie importa
si naciste honrao.
Que es lo mismo el que labura
noche y día, como un buey
que el que vive de los otros,
que el que mata o el que cura
o está fuera de la ley.
11/02/2005 03:20 Enlace permanente. Tema: Olladas No hay comentarios. Comentar.

02/02/2005

Escola unitaria

escola.jpgO tempo inmóbil contrastaba coas follas secas e co lique que sangraba entre a cal das paredes, mentres o espazo semellaba fuxir do reflexo da luz que se dividía para caer en ningún lado.
Sen ruído.
Só o silencio invadía o lugar que tempo atrás ocuparan as pegadas de pés pequenos.
Onde estarán agora os nenos?
02/02/2005 03:42 Enlace permanente. Tema: Olladas Hay 2 comentarios.

11/01/2005

Para o si ou para o non ...

E para convencernos(que non para informarnos),famosos varios, adícanse a leer algún dos catrocentos e pico artigos da constitución europea.
¡Mi madriña!
11/01/2005 01:01 Enlace permanente. Tema: Olladas No hay comentarios. Comentar.

31/12/2004

Onda

I
Movemento telúrico
O terremoto que orixinou a onda xigante que arrasou as costas do sureste asiático
tivo tal intensidade que e posibel que variara o eixo da terra e incluso a órbita que describe o noso planeta arredor do Sol, e polo tanto a súa velocidade de rotación.
E o home, continua a creer que é o centro do universo.

II
Porca miseria.
Miles de mortos, e aínda máis miseria nas costas dos países afectados polo tsunami.

Xente boa tenta aliviar a situación na zona colaborando economicamente, e atópanse coa inmoral comisión que algunhas entidades bancarias están a cobrar polas transferencias.
O dito, moitísima porca miseria a dalgúns...
31/12/2004 00:56 Enlace permanente. Tema: Olladas No hay comentarios. Comentar.

14/12/2004

Cidade

Hoxe pola tarde saín a caminar sen apurar á presa,sen rota definida nin ponto de chegada.
Os edificios foron o meu centro de atención e reparei en cantas historias terían visto e en cantas participado.
Pensei nos contos que debe saber a Praza de San Agustín,en como as casas de María Pita lembran a Manifestación das Maletas,imaxinei a Torre falando dos barcos que pola ría pasaron, nos xogos e aventuras que garda a Praza da Bárbaras,nas penas que sabe a estación do tren.............. e no furado que agora ocupa a memoria da Casa do Arcebispo na rúa Panadeiras.
14/12/2004 00:57 Enlace permanente. Tema: Olladas No hay comentarios. Comentar.

25/11/2004

Limpar as rúas

Amparándose na historia e para que fagamos un exercicio de memoria,néganse a eliminar dos nosos rueiros nomes e símbolos franquistas.
Pois entón e para non esquecernos de tanto desatino,e ollando o que nos rodea e que debemos ter en conta, que non olviden poñer as rúas nomes coma:
da miseria
dos orfos da guerra
da prevaricación
da venta de armas
dos narcos
dos nenos escravos
da muller maltratada
da fame
do inmigrante
do terceiro mundo
da opresión
da censura
do discriminado
dos tránsfugas
do traballo en precario
do home disfrazado de demócrata
do incompetente
do plan Galicia
etc

.................................Para non olvidar,para que non se esquezan.Xa postos que lembren todo.
25/11/2004 00:54 Enlace permanente. Tema: Olladas No hay comentarios. Comentar.

20/11/2004

Semellante

manosII-Enrique gonzalez.jpgIgual en dereitos e obrigas a calquera, diferente no que ó sentemento e ás ideas se refire.

Así é en teoría.
Pero miro o redor, e descubro canta xente non se da conta de que ó mesmo tempo que ela é parte do sistema e está suxeito as súas normas, dito sistema perténcelle a ela.

E é que apréndennos as cousas con reviravoltas, para que non acabemos de comprendelas na súa xusta medida, e por poñer uns exemplos, non nos ensinan que a comunidade e un grupo de individuos, que a historia unha suma de historias paralelas,que un sindicato debe representar a tódolos seus traballadores,que as economías son resultado do tempo de esforzo de homes e mulleres,que un parlamento o elixen milleiros de votantes, que as relixións son persoas cunha fé en común.....

Pola contra fálannos de xefes, de líderes, de políticos, de macroeconomía,de globalización, de empresarios , de representantes, e enchen a boca de baleiro para que así pareza que somos moi pequenos e non temos valor, porque non interesa que sepamos cal é o noso poder, cales as nosas liberdades, canta é a nosa forza, nin canto dependen de nós.

Saben que ter conciencia da propia identidade danos os motivos para loitar e defender os nosos dereitos, para manter a nosa dignidade e tomar as nosas determinacións.
Contrólannos, coñecen moi ben, que manténdonos na ignorancia, non lles pediremos responsabilidades nin conta dos seus actos, e iso permitelles vendernos coma favor aquelo que é a súa obriga, e que esquezamos que a fin, eles só son os nosos representantes.

E imos calando, unhas veces por impotencia, outras por aborrecemento, outras por descoñecemento, pero temos que ser conscientes, que eles son a voz do que nós decidimos, o cal non é unha carta en branco para decidir por nós.
Pero así funciona dende sempre,e continuará mentres nós non lle poñamos remedio e acordemos uns e outros que o que eles calan:
O povo é quen máis ordea.
Ben alto.
20/11/2004 01:17 Enlace permanente. Tema: Olladas No hay comentarios. Comentar.

07/10/2004

As verbas das olladas

Salgado-Dead eyes-Refugees Mali.jpgTras case vinte anos esta fotografía continúa en plena vixencia; podería narrar a historia de tantos miles de persoas que viven no límite que separa a vida do abismo.
Unha ollada que fala da miseria que habita na miseria, da voracidade da fame,dos campos de desprazados e refuxiados (como se foran parte dunha sementeira de horror e inxustiza extrema),da resignación como única proposta para aturar o presente.

Estos ollos están a falar aínda hoxe de imposición,de violencia, de medo, de guerra, de escravitude, de oscuros intereses que suben e baixan en bolsa...tamén do silencio,do olvido,da ignorancia, da falla de compromiso dun primeiro mundo que pecha os ollos para non ver.

A area, a luz e a insolidariedade feriron a mirada de esta muller de Mali.
Salgado, o artista, a través do seu obxetivo, ábrenos os ollos.
07/10/2004 01:18 Enlace permanente. Tema: Olladas No hay comentarios. Comentar.

30/09/2004

Protección oficial

Spiral stairs-Linda Butler.jpgLa opinión de A Coruña
Los grupos de la oposición en el Ayuntamiento de A Coruña han mostrado su perplejidad ante las declaraciones realizadas el pasado miércoles por Francisco Vázquez, quien explicó que los pisos protegidos que se construyan en los muelles que se recalifiquen serán "para jóvenes trabajadores sin hijos que ganen entre 1.200 y 1.400 euros mensuales"

Inés e Xaime vivían na casa máis triste da cidade,entrar nela transformaba calquera ánimo nunha profunda saudade, vivir aló era como vivir fóra da propia terra.
As contas xustas non daban para un piso con menos esquinas, porque se algo lle sobraba a aquel espacio eran os ángulos,a cada cal máis pechado e máis mezquino, estragando o pouco sitio que entre os seus dous lados se agochaba.

Nalgunha das paredes, a ilusión de un armario empotrado, onde por todo acomodo só collía unha unidade de escaseza,pero cando menos, servía para ocultar algún de esos ricóns que parecían reproducirse de xeito automático.

Nas habitacións puxeran moquetas marróns por aquelo de que é unha cor moi sufrida, nun vano intento de dar calidez a aqueles ocos, pero o tempo estropeounas e encheunas de un olor que caracterizaba o lugar: alí todo ulía a oscura humidade.

E a luz era cativa, tanto que non chegaban a medrar os días e a media tarde a noite chegaba ó piso para acomodarse nel,e aínda quedaba na casa cando Inés saía cara o traballo
Luz ....alí só era unha verba que acompañaba a palabra “patio”, un furado a donde daba o ventanuco que había no cuarto de baño pero que ben podía chamarse patio de voces, pois cando estaba aberto un entraba directamente nas intimidades dos outros fogares: escoitabase todo con tanta nitidez que poderían facerse as reunións veciñais sen saír dos pisos.
Ela pechaba os ollos e visualizaba unha grileira.

Pero era todo canto podían permitirse, e aquelo que en principio ía ser unha estancia temporal, acabou por convertirse en único remedio.
Traballaban os dous,dous esforzos para xuntar un salario digno que permitira mirar adiante, e criar dous nenos que chegaran casi xuntos, un da má do outro..... nenos,con horario obreiro, sempre da zeca para meca, cediño a casa da avóa,ata que pola tardiña ela pasaba a recollelos..
A volta a casa estaba chea de bicos e sonrisos tan grandes que ocultaban os horizontes, e entón permitíase soñar, e soñaba cun piso do porto e imaxinaba o vento fresco bailando coas cortinas e empurando a claridade.
Se alguén precisaba do apoio para sacudirse as esquinas eran eles
30/09/2004 01:20 Enlace permanente. Tema: Olladas No hay comentarios. Comentar.

03/09/2004

Beslan

Tolemia, todo é absurdo e sen senso,posturas que resulta imposíbel que converxan, e no medio, sempre,sempre víctimas,inocentes, xente en desamparo que son simplemente fichas nun xogo macabro.

Isto que acabo de escribir pode aplicarse a un cento de situacións; Sudán, Irak,Afganistán..........Hoxe falo de Rusia, dun grupo que pide a independencia ante todo,dun goberno que impón o seu poder sobre todo, un e outro extremistas radicais, defendéndose co lema de que o fin xustifica os medios .
Está vez tocoulle a un colexio cheo de nenos celebrando( irónico,non?) a volta ó colexio.Tras dous días de tensión e incertidume,foron “liberados” entre confusión, desinformación e un único son, o dos tiros.
Mentras vía as imaxes que ían chegando, reparei nun detalle, común a tódolos nenos, non choraban, simplemente corrían espidos esquivando as balas.
03/09/2004 00:51 Enlace permanente. Tema: Olladas No hay comentarios. Comentar.

31/08/2004

Sen fibras

A partir de hoxe poderei (poderemos) camiñar espida pola cidade de Barcelona, sen que iso me supoña ningún tipo de amoestación.
Esto, case póde ser anecdótico,o que a min si que me sorprende é que aínda hoxe en día haxa xente que se sinta ofendida pola visión dun corpo,e poña o grito no ceo porque na praia as mulleres amosen o peito, e decida unirse para salvar a nenos e xoves da perversidade dos corpos e dos vicios ós ca súa contemplación leva.
En fin, isto da para reflexións máis profundas, pero góstame a idea de que nalgúns lugares, se me peta e o tempo o aconsella, poderei facer libre_mente “turismo integral”
31/08/2004 00:41 Enlace permanente. Tema: Olladas No hay comentarios. Comentar.

03/07/2004

tv lixo

Hoxe tiven que ir ós xulgados a arranxar un tema.
A saída, no vestíbulo unha avogada, trataba de tranquilizar a súa cliente, unha muller nova, visibelmente afectada.
Fixeime nela: tiña os ollos hinchados de chorar.
Alguén comentou que era un caso de malos tratos.
Pero é moito máis complexo, é un problema de valores mal transmitidos, donde a falla de respecto ó semellante vese amparada por un sistema que propicia e silencia en moitos casos, este tipo de delitos, chegando en ocasións a culpabilizar a víctima, á cal, por ter vínculos directos ( sentimentais, sociais, económicos...) co seu agresor, resúltalle moi difícil defenderse
Pois ben, nese momento, lembrei o circo que algúns famosetes están a montar en programas del cuore, e pareceume tan indigno o mercadeo que fan, coma denigrante o trato que acaba dándoselle dende os propios programas a un tema tan serio e preocupante, o cal é moi grave.
Se os medios de comunicación, en base a non sei que ranking de audiencia, carecen dos escrúpulos e da sensibilidade necesaria para abordar este tipo de cuestións, mesturando amenazas e agresións con pases de bikinis e despedidas de solteiro, entón e moito o que nos queda por aprender, e por suposto, moi pouca televisión a que é aconsellabel ver para avanzar.
03/07/2004 00:38 Enlace permanente. Tema: Olladas No hay comentarios. Comentar.

01/05/2004

Un de Maio

Hoxe, Primeiro de Maio, estou aínda na procura de emprego.
E cando digo emprego, digo traballo digno, aquel que pague o meu esforzo na súa xusta medida, e por suposto, entendo isto coma un dereito, e non coma algúns pretenden facer ver, coma unha bendición empresarial.
Nesto das listas do paro, resulta que somos lexión ,e agota o esforzo atá a desmotivación, como se resultara interesante para algún sector da sociedade, aquel que controla a economía, que nós existamos, coma revés no que os que teñen chollo en precario poideran verse reflectidos.. ...Psicoloxía?
Así imos todos aguantando e comulgando con rodas de muíño, mentres na tv dan tomate con sabor a ti.
Teremos que concentrarnos todos xuntos para que se sepa canto ocupamos, cantas vidas somos, o destrago de potecial que representamos.
Para cando unha xuntanza de parados, flor en ma ¿...?
Saúde
01/05/2004 00:34 Enlace permanente. Tema: Olladas No hay comentarios. Comentar.




karkeixa

Bitácora de formiga e caracol; un eu son que non repara en variar o seu propio movemento que avanza en espirais sen outro límite que o que as verbas poñen ó pensamento.

Temas



Archivos

Enlaces


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]