Blogia

karkeixa

Voltas

Voltas

Hoxe,entre as voltas da compra, díronme un billete.
Normalmente non me fixo, pero hoxe, non sei porque ,pareime a miralas,e o billete, tiña escrito a esquerda da Costa da Morte, “Nunca Máis”.

Eu non esquecín, mais gardarei os cinco euros, e se cadra enseñareillo a algún con gran facilidade para non lembrar, de esos ós que lles costa facer memoria.
Saúde.

caladiña

caladiña

As veces, paréceme que estou casi feita de ausencias, é todo sóbrame.Non me entendo no medio deste baleiro, e é como si o silencio nacera no meu estómago,tan denso como un furado negro, e fórame absorbendo.O ruído de fóra resúltame alleo,e as voces que preciso non din nada,están caladas.
Esta noite voltarei camiñando a Torre.

Ollada

A quen co seu ollar,vírarme en espirais.

Verdes são os campos

Verdes são os campos,
De cor de limão:
Assim são os olhos
Do meu coração.

Campo, que te estendes
Com verdura bela;
Ovelhas, que nela
Vosso pasto tendes,
De ervas vos mantendes
Que traz o Verão,
E eu das lembranças
Do meu coração.

Gados que pasceis
Com contentamento,
Vosso mantimento
Não no entendereis;
Isso que comeis
Não são ervas, não:
São graças dos olhos
Do meu coração.

Luís de Camões

tv lixo

Hoxe tiven que ir ós xulgados a arranxar un tema.
A saída, no vestíbulo unha avogada, trataba de tranquilizar a súa cliente, unha muller nova, visibelmente afectada.
Fixeime nela: tiña os ollos hinchados de chorar.
Alguén comentou que era un caso de malos tratos.
Pero é moito máis complexo, é un problema de valores mal transmitidos, donde a falla de respecto ó semellante vese amparada por un sistema que propicia e silencia en moitos casos, este tipo de delitos, chegando en ocasións a culpabilizar a víctima, á cal, por ter vínculos directos ( sentimentais, sociais, económicos...) co seu agresor, resúltalle moi difícil defenderse
Pois ben, nese momento, lembrei o circo que algúns famosetes están a montar en programas del cuore, e pareceume tan indigno o mercadeo que fan, coma denigrante o trato que acaba dándoselle dende os propios programas a un tema tan serio e preocupante, o cal é moi grave.
Se os medios de comunicación, en base a non sei que ranking de audiencia, carecen dos escrúpulos e da sensibilidade necesaria para abordar este tipo de cuestións, mesturando amenazas e agresións con pases de bikinis e despedidas de solteiro, entón e moito o que nos queda por aprender, e por suposto, moi pouca televisión a que é aconsellabel ver para avanzar.

Ferrolterra

Esta tarde houbo na cidade de Ferrol unha mobilización polas súas rúas, para deixar claro e manifesto ó noso dereito ó traballo, e facer patente, que xa estamos fartos de palabras que non aportan solucións, cansos das promesas nas que se nos dan máis "peros" que acordos efectivos que acaben dunha vez problema.

E camiñamos.
Entre outras razóns, porque aquí, o silencio das esperas sempre é interpretado coma un asentir e conformarse polos que gobernan, e desta vez non pode ser así, estase a xogar co pan de moitas casas, co futuro dunha terra xa dabondo castigada e sacrificada en beneficio de outras (e de outros que non son povo), víctima de políticas de mellora que atenden a lugares que nunca son Galiza,de xestións nefastas coas que a nosa terra non medra e a nosa xente non avanza.

Nos últimos dez anos, abandoaron a comarca 10.000 galegos, a buscar lonxe o que aquí se lles nega....mentras os políticos non deixan de ter vacacións, e retardan o momento de sentarse e aportar solucións que permitan manter os postos de emprego nos estaleiros da Ría .
No seu lugar posibelmente quedarán simples xustificacións que agora xa non se poden permitir nen aceptar.
Uns pelexando polo seu dereito ó traballo, e outros molestos pola mosca que fastidia mentres están de descanso. Irónico, non?

O final verbas de Xurxo Souto, un manifesto de dignidade e orgullo na voz firme de Medos Romero, e a beleza do canto que é María Manuela.

Saúde e forza

Paseniño

O importante no camiño son os pasos,as pegadas.
A viaxe é o medio,mais a cada paso chegamos,estamos,somos.
Entón,camiñemos,sexamos vieiros.

calor

Vaia.Hoxe entro aquí de novo, e o que fun escribindo o principio foi desaparecendo. Bueno, hoxe non me apetece ferrenchar, tratarei de amañalo outro día.Vai moito calor

Fai máis de mes e medio que non poñía nada,o cal ven a confirmar que son nugallá, pero a verdade e que pérdome por outros blogs que non deixan de asombrarme e que din mellor que eu, o que moitas veces eu quero dicir..........e nos que os autores son capaces de poñer unha foto! cousa que aínda non logrei.

Ben, esto de hoxe é a modo de proba.
Saúde!

Un de Maio

Hoxe, Primeiro de Maio, estou aínda na procura de emprego.
E cando digo emprego, digo traballo digno, aquel que pague o meu esforzo na súa xusta medida, e por suposto, entendo isto coma un dereito, e non coma algúns pretenden facer ver, coma unha bendición empresarial.
Nesto das listas do paro, resulta que somos lexión ,e agota o esforzo atá a desmotivación, como se resultara interesante para algún sector da sociedade, aquel que controla a economía, que nós existamos, coma revés no que os que teñen chollo en precario poideran verse reflectidos.. ...Psicoloxía?
Así imos todos aguantando e comulgando con rodas de muíño, mentres na tv dan tomate con sabor a ti.
Teremos que concentrarnos todos xuntos para que se sepa canto ocupamos, cantas vidas somos, o destrago de potecial que representamos.
Para cando unha xuntanza de parados, flor en ma ¿...?
Saúde

Camiños

Camiñamos, os dous, xuntos, e neste caso (e case sempre), él é o meu mestre.
Ábreme de novo a un mundo esquecido, cheo de termos específicos que definen con claridade situacións do máis complexas, de alquimia que todo o soluciona, de animais adaptados a tódalas necesidades, de consellos básicos a hora de facer globos co chicle.

A súa conversa é máis lúcida que a da maioría dos adultos que me rodean, e por suposto máis entretida. Toca todos os paus: gastronomía, parella, política, saúde, ecoloxía, e ponse moi serio cando falamos dos “asuntos” do patio.

Gosta do Bravú, e somos “Heredeiriños sento por sento %.”
Hai días que o noso reino non é deste mundo

Contamíname

Contamíname

Un bo tema, un gran tipo .
Gosto da súa música e admiro o seu compromiso.

Contamíname (Pedro Guerra)

Cuéntame el cuento del árbol dáctil de los desiertos,
de las mezquitas de tus abuelos.
Dame los ritmos de las darbucas y los secretos
que hay en los libros que yo no leo.

Contamíname, pero no con el humo que asfixia el aire,
ven ,pero sí con tus ojos y con tus bailes
ven, pero no con la rabia y los malos sueños
ven, pero sí con los labios que anuncian besos

Contamíname, mézclate conmigo
que bajo mi rama tendrás abrigo.

Cuéntame el cuento de las cadenas que te trajeron,
de los tratados y los viajeros,
Dame los ritmos de los tambores y los voceros
del barrio antiguo y del barrio nuevo.

Contamíname, pero no con el humo que asfixia el aire,
ven ,pero sí con tus ojos y con tus bailes
ven, pero no con la rabia y los malos sueños
ven, pero sí con los labios que anuncian besos

Contamíname, mézclate conmigo
que bajo mi rama tendrás abrigo.

Cuéntame el cuento de los que nunca se descubrieron,
del río verde y de los boleros.
Dame los ritmos de los buzukis los ojos negros
la danza inquieta del hechicero.

Contamíname, pero no con el humo que asfixia el aire,
ven ,pero sí con tus ojos y con tus bailes
ven, pero no con la rabia y los malos sueños
ven, pero sí con los labios que anuncian besos

Contamíname, mézclate conmigo
que bajo mi rama tendrás abrigo.

Abril

Abril

Estamos no Abril.
Abril, que máis ca un mes, é un símbolo, unha ponte, unha pegada, son firme que un deixa deliberadamente entre os beizos cando o pronuncia.

É unha desas verbas cheas de contidos, que asocio con outras tan fermosas coma ela, polo que anuncian, polo que prometen, polo que comprometen, e penso agora: Igualdade.

Saúde e cravos...