Blogia

karkeixa

Protección oficial

Protección oficial

La opinión de A Coruña
Los grupos de la oposición en el Ayuntamiento de A Coruña han mostrado su perplejidad ante las declaraciones realizadas el pasado miércoles por Francisco Vázquez, quien explicó que los pisos protegidos que se construyan en los muelles que se recalifiquen serán "para jóvenes trabajadores sin hijos que ganen entre 1.200 y 1.400 euros mensuales"

Inés e Xaime vivían na casa máis triste da cidade,entrar nela transformaba calquera ánimo nunha profunda saudade, vivir aló era como vivir fóra da propia terra.
As contas xustas non daban para un piso con menos esquinas, porque se algo lle sobraba a aquel espacio eran os ángulos,a cada cal máis pechado e máis mezquino, estragando o pouco sitio que entre os seus dous lados se agochaba.

Nalgunha das paredes, a ilusión de un armario empotrado, onde por todo acomodo só collía unha unidade de escaseza,pero cando menos, servía para ocultar algún de esos ricóns que parecían reproducirse de xeito automático.

Nas habitacións puxeran moquetas marróns por aquelo de que é unha cor moi sufrida, nun vano intento de dar calidez a aqueles ocos, pero o tempo estropeounas e encheunas de un olor que caracterizaba o lugar: alí todo ulía a oscura humidade.

E a luz era cativa, tanto que non chegaban a medrar os días e a media tarde a noite chegaba ó piso para acomodarse nel,e aínda quedaba na casa cando Inés saía cara o traballo
Luz ....alí só era unha verba que acompañaba a palabra “patio”, un furado a donde daba o ventanuco que había no cuarto de baño pero que ben podía chamarse patio de voces, pois cando estaba aberto un entraba directamente nas intimidades dos outros fogares: escoitabase todo con tanta nitidez que poderían facerse as reunións veciñais sen saír dos pisos.
Ela pechaba os ollos e visualizaba unha grileira.

Pero era todo canto podían permitirse, e aquelo que en principio ía ser unha estancia temporal, acabou por convertirse en único remedio.
Traballaban os dous,dous esforzos para xuntar un salario digno que permitira mirar adiante, e criar dous nenos que chegaran casi xuntos, un da má do outro..... nenos,con horario obreiro, sempre da zeca para meca, cediño a casa da avóa,ata que pola tardiña ela pasaba a recollelos..
A volta a casa estaba chea de bicos e sonrisos tan grandes que ocultaban os horizontes, e entón permitíase soñar, e soñaba cun piso do porto e imaxinaba o vento fresco bailando coas cortinas e empurando a claridade.
Se alguén precisaba do apoio para sacudirse as esquinas eran eles

As verbas das olladas

As verbas das olladas

Tras case vinte anos esta fotografía continúa en plena vixencia; podería narrar a historia de tantos miles de persoas que viven no límite que separa a vida do abismo.
Unha ollada que fala da miseria que habita na miseria, da voracidade da fame,dos campos de desprazados e refuxiados (como se foran parte dunha sementeira de horror e inxustiza extrema),da resignación como única proposta para aturar o presente.

Estos ollos están a falar aínda hoxe de imposición,de violencia, de medo, de guerra, de escravitude, de oscuros intereses que suben e baixan en bolsa...tamén do silencio,do olvido,da ignorancia, da falla de compromiso dun primeiro mundo que pecha os ollos para non ver.

A area, a luz e a insolidariedade feriron a mirada de esta muller de Mali.
Salgado, o artista, a través do seu obxetivo, ábrenos os ollos.

Semellante

Semellante

Igual en dereitos e obrigas a calquera, diferente no que ó sentemento e ás ideas se refire.

Así é en teoría.
Pero miro o redor, e descubro canta xente non se da conta de que ó mesmo tempo que ela é parte do sistema e está suxeito as súas normas, dito sistema perténcelle a ela.

E é que apréndennos as cousas con reviravoltas, para que non acabemos de comprendelas na súa xusta medida, e por poñer uns exemplos, non nos ensinan que a comunidade e un grupo de individuos, que a historia unha suma de historias paralelas,que un sindicato debe representar a tódolos seus traballadores,que as economías son resultado do tempo de esforzo de homes e mulleres,que un parlamento o elixen milleiros de votantes, que as relixións son persoas cunha fé en común.....

Pola contra fálannos de xefes, de líderes, de políticos, de macroeconomía,de globalización, de empresarios , de representantes, e enchen a boca de baleiro para que así pareza que somos moi pequenos e non temos valor, porque non interesa que sepamos cal é o noso poder, cales as nosas liberdades, canta é a nosa forza, nin canto dependen de nós.

Saben que ter conciencia da propia identidade danos os motivos para loitar e defender os nosos dereitos, para manter a nosa dignidade e tomar as nosas determinacións.
Contrólannos, coñecen moi ben, que manténdonos na ignorancia, non lles pediremos responsabilidades nin conta dos seus actos, e iso permitelles vendernos coma favor aquelo que é a súa obriga, e que esquezamos que a fin, eles só son os nosos representantes.

E imos calando, unhas veces por impotencia, outras por aborrecemento, outras por descoñecemento, pero temos que ser conscientes, que eles son a voz do que nós decidimos, o cal non é unha carta en branco para decidir por nós.
Pero así funciona dende sempre,e continuará mentres nós non lle poñamos remedio e acordemos uns e outros que o que eles calan:
O povo é quen máis ordea.
Ben alto.

min-eu-me

min-eu-me

Microcosmo,universo minúsculo e parte imprescindíbel do todo.
Dentro dos meus anacos tento descubrirme:
Qué é o que hai de min en min mesma?
De canto de min mesma son eu a dona?
Canto do meu resúltame alleo?
Remexerme nos adentros desorientame,teño a sensación de atoparme nun parvulario do íntimo.

Decembro

Decembro

Énchese todo de cor formiga e de humidade.Agora son máis caracol que nunca.
Dentro da miña cuncha, adormezo imaxinando un nadal de magosto e lume novo.

De Galiza

De Galiza

Xosé Neira Vilas

CANTARELA DOS NENOS

Amiguiños todos
amiguiños xa
os nenos deiquí
os nenos dala.
Os nenos do mundo
todos a cantar
e unha mesma voz
collidos da man.
Amiguiños todos
amiguiños xa
os nenos deiquí
os nenos dala.

Cantarela nosa
de amor e de paz
sin penchas nin odios
sin falsa irmanda.
Amiguiños todos
amiguiños xa
os nenos deiquí
os nenos dalá.

Rolda de sorrisos
dende mar a mar,
corazóns abertos
ollos de amistar.
Amiguiños todos
amiguiños xa
os nenos deiquí
os nenos dalá.

(Disco: Cantarolas para xente miúda)

Manuel María

Manuel María

Non,non marchou.
Continuará fluíndo mesturado entre súas verbas de poeta nas que o seu pensamento e o seu sentimento unírose para crear unha poesía firme e comprometida.
Amou esta Nosa Terra como só os xenerosos poden facelo, da forma máis valente, persoal e fermosa.
No amor a Terra estará sempre entre nós.

TESTIMUÑA

Estou entre a néboa, eiquí en Galicia.
Non teño dornas pra navegar o mar
que peta en mín, mouro e terribel.
Profesei de galego dende neno
na miña Terra Chá senlleira e longa.
Por sucos teño as miñas veas,
unha soidade fonda por semente
e por terra cativa este meu corpo
feito de arxila feble e pecadora.
Dos meus escuros beizos estas verbas
que anceian voar como paxaros
polo ceio pequeno de min mesmo.
Agardo, ano tras ano, pola rosa
que ten que agromar, fermosa e branca,
pra xustificar así a miña vida
escura e caladiña baixo o vento
sotil e misterioso de saudade.
E falo decote nesta música
na que canta Galicia dende sempre.

(Entre a arxila e a luz)

Orange and yellow-M.Rothko

Orange and yellow-M.Rothko

.

Para o si ou para o non ...

E para convencernos(que non para informarnos),famosos varios, adícanse a leer algún dos catrocentos e pico artigos da constitución europea.
¡Mi madriña!

En Galego

Estaba coa Susanita moi entretida na rúa de palique, ata que chegou outro neno.
Como e lóxico a pequena púxose a xogar con él, e deixou de facerme caso.
Entón a súa nai, que ó igual que o seu pai aprenderon a falar entre o galego e o castelán, díxome moi convencida que a nena non atendía porque, segundo ela, non entendía o galego.
Eu a quen non entendo e a nai de Susanita.

Cidade

Hoxe pola tarde saín a caminar sen apurar á presa,sen rota definida nin ponto de chegada.
Os edificios foron o meu centro de atención e reparei en cantas historias terían visto e en cantas participado.
Pensei nos contos que debe saber a Praza de San Agustín,en como as casas de María Pita lembran a Manifestación das Maletas,imaxinei a Torre falando dos barcos que pola ría pasaron, nos xogos e aventuras que garda a Praza da Bárbaras,nas penas que sabe a estación do tren.............. e no furado que agora ocupa a memoria da Casa do Arcebispo na rúa Panadeiras.

No código do mar

Tamén no ceo.
Día da Dignidade.
Sempre

Onda

I
Movemento telúrico
O terremoto que orixinou a onda xigante que arrasou as costas do sureste asiático
tivo tal intensidade que e posibel que variara o eixo da terra e incluso a órbita que describe o noso planeta arredor do Sol, e polo tanto a súa velocidade de rotación.
E o home, continua a creer que é o centro do universo.

II
Porca miseria.
Miles de mortos, e aínda máis miseria nas costas dos países afectados polo tsunami.

Xente boa tenta aliviar a situación na zona colaborando economicamente, e atópanse coa inmoral comisión que algunhas entidades bancarias están a cobrar polas transferencias.
O dito, moitísima porca miseria a dalgúns...

Limpar as rúas

Amparándose na historia e para que fagamos un exercicio de memoria,néganse a eliminar dos nosos rueiros nomes e símbolos franquistas.
Pois entón e para non esquecernos de tanto desatino,e ollando o que nos rodea e que debemos ter en conta, que non olviden poñer as rúas nomes coma:
da miseria
dos orfos da guerra
da prevaricación
da venta de armas
dos narcos
dos nenos escravos
da muller maltratada
da fame
do inmigrante
do terceiro mundo
da opresión
da censura
do discriminado
dos tránsfugas
do traballo en precario
do home disfrazado de demócrata
do incompetente
do plan Galicia
etc

.................................Para non olvidar,para que non se esquezan.Xa postos que lembren todo.

Galeano/Sandorfi

Galeano/Sandorfi

No puedo dormir.
No puedo dormir.
Atravesada entre los párpados
tengo una mujer,
secreta mujer
tan sol y tan luna
que abre mis ojos y me obliga a ver
mi desventura y mi fortuna.
Y no me deja dormir
esa mujer,
esa secreta mujer.

Arránqueme, señora, las ropas.
Desnúdeme.
Arránqueme, señora, las dudas.
Desdúdeme.
Arránqueme, señora, las ropas y las dudas.
Desnúdeme. Desdúdeme.

Secreta mujer.
Secreta mujer.
Atravesada entre mis párpados
le quiero decir,
le quiero pedir
que me deje, que se vaya.
Pero no puedo hablar a mi pesar.
Atravesada en la garganta,
me atormenta una mujer
esa mujer,
esa secreta mujer.
E. Galeano

Beslan

Tolemia, todo é absurdo e sen senso,posturas que resulta imposíbel que converxan, e no medio, sempre,sempre víctimas,inocentes, xente en desamparo que son simplemente fichas nun xogo macabro.

Isto que acabo de escribir pode aplicarse a un cento de situacións; Sudán, Irak,Afganistán..........Hoxe falo de Rusia, dun grupo que pide a independencia ante todo,dun goberno que impón o seu poder sobre todo, un e outro extremistas radicais, defendéndose co lema de que o fin xustifica os medios .
Está vez tocoulle a un colexio cheo de nenos celebrando( irónico,non?) a volta ó colexio.Tras dous días de tensión e incertidume,foron “liberados” entre confusión, desinformación e un único son, o dos tiros.
Mentras vía as imaxes que ían chegando, reparei nun detalle, común a tódolos nenos, non choraban, simplemente corrían espidos esquivando as balas.

Xalundes

Xalundes

Xalundes: Nalgún lugar indeterminado, noutro espazo.
É a mellor aproximación que podo facer de min mesma e venme dada por un adverbio.
O resto e circunstancial, simple coincidencia coa que eu as máis das veces non concordo.

Ata este momento, só unha persoa perdeuse por estas terras de formigas.
Saúde.

Cuba

Penso en Cuba: en vivila.
As veces máis que un soño é un afán, que me leva a unha viaxe imaxinaria pola Habana, Cienfuegos, Santiago de Cuba............. entre o olor da súa xente, o seu sabor, a cor dos seus sons.
Mentras o penso,asómame un sorriso e lembro a Fiz de Cotobelo.

En Galiza

En Galiza

En Galego.

Sen fibras

A partir de hoxe poderei (poderemos) camiñar espida pola cidade de Barcelona, sen que iso me supoña ningún tipo de amoestación.
Esto, case póde ser anecdótico,o que a min si que me sorprende é que aínda hoxe en día haxa xente que se sinta ofendida pola visión dun corpo,e poña o grito no ceo porque na praia as mulleres amosen o peito, e decida unirse para salvar a nenos e xoves da perversidade dos corpos e dos vicios ós ca súa contemplación leva.
En fin, isto da para reflexións máis profundas, pero góstame a idea de que nalgúns lugares, se me peta e o tempo o aconsella, poderei facer libre_mente “turismo integral”