Da vella roseira............
" Da Vella Roseira" Victoriano Taibo
O galego que non fala
Na lingua da súa terra
Non sabe o que ten de seu
Nin émerecente dela
Eu quero falar, soñar, razoar,afirmar, negar uo esquecer na lingua da terra na que vivo.
Quero vivir e oír medrar ós meus en Galego
Combater a ignorancia con poesía
Celso Emilio Ferreiro
DEITADO FRENTE AO MAR
Lingoa proletaria do meu pobo,
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña;
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa nan saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.
Eu fáloa porque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.
Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruis e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os valeiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, dóce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar, ise camiño...
blogues pola lingua
pinta a lingua
Por falar galego tiven que escoitar auténticas sandeces, desas que te deixan asombrada e sen palabras, que simplemente serven para definir claramente a quen as dí. Razoamentos de "pe de banco" que diría a miña avoa e que só conseguen manterme máis firme na miña escolla.
Vou farta de papanatismo, intransixencia, ignorancia e maltrato a miña língua...cansa dos "galegos" que non entenden o GALEGO e dos seus pobres argumentos para non falalo eles e o que é peor, para que non o fale eu.......Pois ben, razóns para falalo teño centos, pero chega con unha:
O fago porque me peta.
E o 18 de Maio a Santiago
O-O
Se lo envuelvo para regalo?
Se fas o favor.
Normal o para San Valentin?
Normal.
.....¿ Tarjeta doble cero?
Galiza Non Se Vende
Saúde e terra.
Com um fio
atei papeis de muitas cores
e fixem-lhe um arco íris pequeno ao vento.
Ás vezes a morte envolve-me
como a um ouriço a noite.
E sonho contigo e os teus círculos de cores.
Sonho que apareces entre os castinheiros do Courel
despido,
que vives numha árbore
com Julia Butterfly para evitar
que o governo permita umha canteira mais
no círculo de cores.
E sonho que apareces em Corrubedo
entre os cons, ou em Merexo,
e tes um lagarto arnal no ombro
e estás diante dumha excavadora
ergueito sobre um círculo de cores.
E contigo hai muita gente.
A gente que se deixa invadir pola natureza
-entra-lhe pola boca, os olhos, a língua
e fica protegida dentro sua
e fóra, no círculo de cores-
E vós que vendedes Galiza
por dinheiro, íde-lo pagar.
Porque em cada um dos nossos sonhos,
das nossas palavras,
nos paus que baixam polos rios,
nas pedras de Man de Camelhe
e nas ponlas das árbores da vida
hai círculos de cores,
e nas casas, nas ruas
e nos toxos que nacem debaixo da cama
hai círculos de cores.
Todos os dias pintamos
umha pancarta no ceu:
GALIZA NOM SE VENDE,
com círculos de cores.
Séchu Sende
Cabodano na Quintana
Quinto cabodano do afundimento do Prestige.
Eu hoxe, a media mañá,estarei en na Quintana, lonxe dos actos oficiais que pretenden darlle á situación medio ambiental un clima de normalidade.
Superados os efectos visuais da marea, non hai perigo para os cegos.
Porén existe e Galiza está chea de berros de Nunca Máis e que se chaman Reganosa plano acuícola,formigón incontrolado, lumes, canteiras, parques eólicos...........e outros moitos nomes, que a calqueira que repare nestas letras, van a virlle a cabeza, auténticas desfeitas que nacen dun exercicio de prepotencia sobre a cidadanía, e dun desprezo aterrador ó patrimonio natural e cultural do noso País.
Seguramente mañá non haberá ninguén na Praza da Quintana, e a miña voz derramarase polas lastras.
Síntome impotente e defraudada ante os que cando lles convén só están dispostos a escoitar o seu silencio.
Quen asinamos máis abaixo solidarizámonos coa Plataforma de Veciños do Cruceiro de Meá (Mugardos), pechados na Casa do Concello de Mugardos desde o mes de xullo, porque cremos que calquera veciño, calquera cidadán ou habitante, deste país ou de calquera outro, ten o dereito a que non lle estraguen a súa paisaxe e seu o contorno, e a non vivir a súa vida baixo a ameaza silenciosa dun perigo terríbel.
Quen asinamos este manifesto acreditamos que a xustiza e as leis que nos damos teñen que servir para defender os principios de igualdade e de liberdade, e non para protexer os intereses dos máis poderosos e xustificar as decisións que estes toman á marxe de toda legalidade e amparándose nos recantos máis escuros da sociedade e da humanidade.
Quen asinamos estas liñas acreditamos nun modelo de desenvolvemento sustentábel e autocentrado, que non repita os erros que se cometeron no pasado ao localizar empresas en sitios inaxeitados, e ao promover industrias de enclave que dun ou doutro xeito acaban por explotar e esgotar os recursos naturais que tamén son patrimonio de alguén, nosos ou doutros pobos.
Quen asinamos aquí sabemos que a existencia de REGANOSA en Punta Promontoiro trouxo tamén consigo a miseria e a baixeza morais de quen quixo ou precisou poñerse do lado dos poderosos, así como a tristura de ver enfrontados a veciños con veciños e a familias con familias, e que non hai forma máis implacábel de acabar cunha comunidade que destrozala dividíndoa desta maneira.
Quen asinamos temos a esperanza de que se traslade esta instalación fóra da Ría de Ferrol, na súa localización primixénea e ideal do Porto Exterior, e estamos convencidos de que aconteza o que aconteza coa nosa causa, moitas outras persoas están atendendo e entendendo, compartindo, ensinando e aprendendo desta loita que ante todo é xusta e fraternal.
mañán en Ferrol
No blog de Artritris aparece unha ilustración atinadísima do que está a pasar na ría de Ferrol.
Mañán de novo e ante o uso das medias mentirase abuso das verdades que non se dín, no Porto de Ferrol, haberá unha concentración ó mediodía convocada polo Comité cidadan.
Dinamiteira
Agora que xa pasou o rebumbio e hoxe que as portadas dos xornais non van a saír en galego..
Verba que comenza
Linme hoxe toda por dentro.
Linme!
Cómo me está chegando!
Cómo me apaña!
non sei si me chega ou vou por ela.
Non o sei,
Ouh pra que me chouxeches se hoxe me levas?
Hoxe,
Hoxe, día de todos en un.
Infindá do tempo. Hoxe!
Hoxe de quen todos somos na marea sin ondas,
sin velas,
sin barcos en coor vello.
Hoxe,de quen?
Hoxe:dirán uns.
Hoxe: dirán outros mentras...
mentras reparan no que non hai.
En hoxe todos,
todos damos do fin o paso del.
Meu amigo onte!
Ti vas quedando,
quedas pregón que enmarca nas áas do tempo a voz
que ti mesmo diches sinxela e pulida, aquela.
Ti quedas como queda o aire
entre as cousas que son
como queda a loita,
como queda a terra,
como queda a Forza
aquela en que ti vas hasta a derradeira,
derradeira,
vas calado.
Calas mentras contas as presadas que de nós van
caendo,
vas na verba,
verba que rixe,
verba enteira que é.
Vas e dis anque calas e non cingues
xeito novo.
Pro si:
de nós levas.
María Mariño
Que non!
Para min Reganosa era unha das razóns polas que se facía necesario un cambio urxente de goberno e esperaba que unha vez fóra o pp, a política levada a cabo pola xunta con referencia a este tema dise un xiro que puxera as cousas no seu lugar. Hoxe sorpréndeme que o silencio e a imposición chegasen tan lonxe e que a tales alturas o proxecto da regasificadora esteña tan avanzado dentro da ría, co perigo que supón e sabendo que a súa ubicación en Caneliñas non só era posíbel, senón que era a máis acertada.
De novo a cidadanía sae a rúa para deixar clara a súa postura. Non hai que calar porque non está aínda todo dito.
http://artabra21.blogspot.com/
volatineira
Busco entre dous puntos calquera da espiral
o equilibrio para non anularme no teu corpo
mentras ti escrebes na deriva da miña pel
un ensalmo que me deixa descalza na túa ausencia.
R-N
Te recuerdo
Hoxe morreu un que non tiña que haber nacido, un que non foi quen pese a súa violencia e brutalidade, de evitar que corpos e voces defenderan ata o final o que era deles.
Así, na loita están na nosa memoria.
TE RECUERDO AMANDA
VICTOR JARA
Te recuerdo Amanda
la calle mojada
corriendo a la fábrica
donde trabajaba Manuel.
La sonrisa ancha
la lluvia en el pelo
no importaba nada
ibas a encontrarte con él
con él, con él, con él
son cinco minutos
la vida es eterna
en cinco minutos
suena la sirena
de vuelta al trabajo
y tú caminando
lo iluminas todo
los cinco minutos
te hacen florecer.
Te recuerdo Amanda
la calle mojada
corriendo a la fábrica
donde trabajaba Manuel.
La sonrisa ancha
la lluvia en el pelo
no importaba nada
ibas a encontrarte con él
con él, con él, con él
que partió a la sierra
que nunca hizo daño
que partió a la sierra
y en cinco minutos
quedó destrozado
suena la sirena
de vuelta al trabajo
muchos no volvieron
tampoco Manuel.
Te recuerdo Amanda
la calle mojada
corriendo a la fábrica
donde trabajaba Manuel
2002_Outro Prestige aínda é posíbel_2006
Catro anos despois
OUTRO PRESTIGE AÍNDA É POSÍBEL
Evitémolo
Pola seguridade do noso mar
Catro anos despois...
... Segue existindo un alto risco no tránsito marítimo
xa que cada día circulan fronte ás costas galegas uns 35 buques con mercadorías perigosas. Algúns barcos presentan características similares ás que tiña o petroleiro Prestige' cando afundiu, en 2002, tras verter ao mar unhas 63.000 toneladas de fuel.
Nin os diferentes Gobernos autónomos, nin o Goberno do Estado, quen ten as máximas competencias neste eido, estableceron aínda medidas de carácter preventivo e medios de protección que estean, cando menos, ao mesmo nivel que o risco real dunha nova catástrofe.
Tampouco as medidas lexistativas e os medios que dependen das institucións europeas son, na actualidade, garantía para que non volva acontecer un accidente marítimo de similares consecuencias ás do Prestige'.
...Galiza non posúe un Plan de Continxencias propio
no que se integren todos os medios dispoñíbeis e todos os protocolos de actuación. Aínda que a actual Administración leva anunciando a súa próxima posta en marcha, a realidade é que isto non se produciu.
...Seguen sen determinarse os "Lugares Refuxio" e os Centros de Almacenamento
coa suficiente dotación de medios técnicos e humanos, de plans de actuación acaídos e convenientemente espallados pola costa galega.
... A Escaseza de medios é evidente:
Carecemos de buques anti-contaminación con capacidade de almacenamento suficiente e dun número de remolcadores coa necesaria potencia de tiro para facer fronte a este tipo de sinistros no mar. Cando se vai construír o buque anti-contaminación prometido, de 3000 m 3 de capacidade de almacenamento e situar nas costas galegas? Cando se desprazará para Galiza o buque da Axencia Europea que hoxe está en Brest?
Tampouco abonda co número actual de helicópteros, dadas as circunstancias en que se produce a súa actuación.
Non existe un servizo de salvamento marítimo, de carácter público, que poida garantir a eficacia perante as innúmeras situacións de risco que existen no litoral galego ao longo do ano.
... Non se controla eficazmente o Dispositivo de Separación de Tráfico de Fisterra.
nin se detectan os sentinazos nin se controla eficazmente o tráfico perigoso que circula con total impunidade. Precísanse medios marítimos, aéreos e de control satelitario. O moderno avión prometido para a costa galaico-cantábrica é un avance, mais non é dabondo.
... Continúa a deterioración do noso medio mariño
A recuperación do medio mariño, tanto polo valor ambiental como polo valor económico que representa para sectores estratéxicos da economía galega, precisa dun firme compromiso social e institucional.
O sector pesqueiro-marisqueiro, o máis directamente afectado por este feito, ten que ser obxecto dun apoio real e sostido por parte das Administracións.
... Permanece a débeda histórica do Estado
quen non atendeu á súa obriga de protexer o litoral galego nin se responsabilizou das consecuencias dos numerosos accidentes acontecidos.
Catro anos despois OUTRO PRESTIGE AÍNDA É POSÍBEL.
É obriga da sociedade galega lembrar que unha catástrofe marítima e medioambiental aínda é posíbel. É obriga da sociedade galega reclamar que non suceda NUNCA MÁIS.
Manifestación nacional día 12 de novembro ás 12 h. desde a Alameda de Santiago
Na ría de Ferrol
O Comité de Emerxencia convoca para o sábado 11 de novembro, ás 12 da mañá, unha manifestación diante da Autoridade Portuaria para pedirlle que revoque a súa proposta de dragado da canle de entrada/saída da Ría de Ferrol.
Para informarse:
Galeano
Artígos, ensaios, narrativa, poemas... a obra de Eduardo Galeano fai un retrato social do mundo, e en particular e por proximidade de América Latina, cargado de reflexión e de denuncia, que fan de él un autor crítico co neoliberalismo que o compromete con aqueles que viven no medio do subdesarrollo económico e da opresión política que en ningún caso deixa indiferente ós seus lectores.
Mais Galeano, e pese ós temas que trata, é quen de encher as súas páxinas de lírismo, tanto nos seus textos máis íntimos coma naqueles nos que dibuxa o presente e a memoria do que lle rodea.
Onte non poiden ir a “Fábrica” en Oleiros.
Hoxe leo de novo “El libros de los abrazos”
La función del arte /1
Diego no conocía la mar. El padre, Santiago Kovadloff,lo llevó a descubrirla.
Viajaron al sur. Ella, la mar, estaba mas allá de los altos médanos,esperando.
Cuando el niño y su padre alcanzaron por fin aquellas dunas de arena, después de mucho caminar, la mar estallo ante sus ojos. Y fue tanta la inmensidad de lamar, y tanto su fulgor que el niño quedo mudo de hermosura.
Y cuando por fin consiguió hablar, temblando, tartamudeando,pidió a su padre;
- ¡Ayúdame a mirar!
E.GALEANO
Canle
O debuxo dunha flor marca a pausa no libro reservado para a brétema
Nel medran cerdeiras nas que rabuño o teu alcume
desfacendo as gañas de ouvear entre as cortizas
Xamais nos despedimos
ti non lembras que nunca aprendiches o meu nome
pero é o meu silencio o que me estruga a boca
acurralando a miña voz ata afogarme.
Só quixen aprender que algunhas derrotas as deciden os paxaros
Vaise levantando a noite en pingas
arrodéame a intemperie mentres o sol estoura contra a pedra
Adivíñote no muro da praza
e confirmo que o tempo que perdo nas esperas
non é cura para esta dor que impón a súa teima.
Se cadra non me ves pero nas miñas mans levo un diluvio e non me atende.
Silvio
Casi diría que doe.
Ojalá
Ojalá que las hojas
no te toquen el cuerpo
cuando caigan
para que no las puedas
convertir en cristal.
Ojalá que la lluvia
deje de ser milagro
que baja por tu cuerpo.
Ojalá que la luna
pueda salir sin ti.
Ojalá que la tierra
no te bese los pasos.
Ojalá se te acabe
la mirada constante,
la palabra precisa,
la sonrisa perfecta.
Ojalá pase algo
que te borre de pronto:
una luz cegadora,
un disparo de nieve.
Ojalá por lo menos
que me lleve la muerte,
para no verte tanto,
para no verte siempre
en todos los segundos,
en todas las visiones.
Ojalá que no pueda
tocarte ni en canciones.
Ojalá que la aurora
no dé gritos
que caigan
en mi espalda.
Ojalá que tu nombre
se le olvide
a esa voz.
Ojalá las paredes
no retengan tu ruido
de camino cansado.
Ojalá que el deseo
se vaya tras de ti,
a tu viejo gobierno
de difuntos y flores.
Ojalá se te acabe
la mirada constante,
la palabra precisa,
la sonrisa perfecta.
Ojalá pase algo
que te borre de pronto:
una luz cegadora,
un disparo de nieve.
Ojalá por lo menos
que me lleve la muerte,
para no verte tanto,
para no verte siempre
en todos los segundos,
en todas las visiones.
Ojalá que no pueda
tocarte ni en canciones.
Ojalá pase algo
que te borre de pronto:
una luz cegadora,
un disparo de nieve.
Ojalá por lo menos
que me lleve la muerte,
para no verte tanto,
para no verte siempre
en todos los segundos,
en todas las visiones.
Ojalá que no pueda
tocarte ni en canciones.
sen
CRÓNICA (desde la cocina)
El vapor se cuelga entre mis rodillas
ojos enrojecidos
humea la cacerola
la mano busca al ajo
coge la papa
pica la cebolla
crujen los canastos
Desde la cúspide de mi tabla
de cortar carne
repito
el vapor se cuelga entre mis rodillas
HEDDY NAVARRO HARRIS