En Galego

16/05/2009 22:09 Autor: karkeixa. Enlace permanente. Tema: Galiza. No hay comentarios. Comentar.

Da vella roseira............

" Da Vella Roseira" Victoriano Taibo

      O galego que non fala

      Na lingua da súa terra

      Non sabe o que ten de seu

      Nin émerecente dela

Eu quero falar, soñar, razoar,afirmar, negar uo esquecer na lingua da terra na que vivo.

Quero vivir e oír medrar ós meus en Galego

Manifesto

 

                                   

16/05/2009 21:30 Autor: karkeixa. Enlace permanente. Tema: Galiza. No hay comentarios. Comentar.

Combater a ignorancia con poesía

20080518225051-fraybz1.jpg

DEITADO FRENTE Ó MAR...

Lingua proletaria do meu pobo
eu faloa porque si, porque me gusta
porque me peta e quero e dame a gana
porque me sae de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ó ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ó pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
fala-la fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo e arado, proa e rella sempre.

Eu faloa porque si, porque me gusta
e quero estar cos meus, coa xente que sufren longo
unha historia contada noutra lingua.

Non falo prós soberbios,
non falo prós ruíns e poderosos,
non falo prós finchados,
non falo prós estupidos,
non falo prós valeiros,
que falo prós que aguantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
prós que súan e choran
un pranto cotián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas de
tódolos que sufren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ó mar, ise camiño...

18/05/2008 22:51 Autor: karkeixa. Enlace permanente. Tema: Galiza. No hay comentarios. Comentar.

blogues pola lingua

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego

15/05/2008 00:56 Autor: karkeixa. Enlace permanente. Tema: Galiza. No hay comentarios. Comentar.

pinta a lingua

Por falar galego tiven que escoitar auténticas sandeces, desas que te deixan asombrada e sen palabras, que simplemente serven para definir  claramente a quen as dí. Razoamentos de "pe de banco" que diría a miña avoa e que só conseguen manterme máis firme na miña escolla. 

Vou farta de papanatismo, intransixencia,  ignorancia e maltrato a miña língua...cansa dos "galegos" que non entenden o GALEGO e dos seus pobres argumentos para non falalo eles e o que é peor, para que non o fale eu.......Pois ben, razóns para falalo teño centos, pero chega con unha:

O fago porque me peta.

 

E o 18 de Maio a Santiago

03/05/2008 01:06 Autor: karkeixa. Enlace permanente. Tema: Galiza. No hay comentarios. Comentar.

O-O

Se lo envuelvo para regalo?

Se fas o favor.

Normal o para San Valentin?

Normal.

.....¿ Tarjeta doble cero?

13/02/2008 00:02 Autor: karkeixa. Enlace permanente. Tema: Xalundes. No hay comentarios. Comentar.

Galiza Non Se Vende

20071116223215-galiza-non-se-vende.jpg

 

 Saúde e terra.

 GALIZA NOM SE VENDE

Com um fio
atei papeis de muitas cores
e fixem-lhe um arco íris pequeno ao vento.
Ás vezes a morte envolve-me
como a um ouriço a noite.
E sonho contigo e os teus círculos de cores.
Sonho que apareces entre os castinheiros do Courel
despido,
que vives numha árbore
com Julia Butterfly para evitar
que o governo permita umha canteira mais
no círculo de cores.
E sonho que apareces em Corrubedo
entre os cons, ou em Merexo,
e tes um lagarto arnal no ombro
e estás diante dumha excavadora
ergueito sobre um círculo de cores.
E contigo hai muita gente.
A gente que se deixa invadir pola natureza
-entra-lhe pola boca, os olhos, a língua
e fica protegida dentro sua
e fóra, no círculo de cores-
E vós que vendedes Galiza
por dinheiro, íde-lo pagar.
Porque em cada um dos nossos sonhos,
das nossas palavras,
nos paus que baixam polos rios,
nas pedras de Man de Camelhe
e nas ponlas das árbores da vida
hai círculos de cores,
e nas casas, nas ruas
e nos toxos que nacem debaixo da cama
hai círculos de cores.
Todos os dias pintamos
umha pancarta no ceu:
GALIZA NOM SE VENDE,
com círculos de cores.

Séchu Sende

16/11/2007 22:34 Autor: karkeixa. Enlace permanente. Tema: Galiza. No hay comentarios. Comentar.

Cabodano na Quintana

20071111012208-variacionm-.jpg

Quinto cabodano do afundimento do Prestige.

 

Eu hoxe, a media mañá,estarei en na Quintana, lonxe dos actos oficiais que pretenden darlle á situación medio ambiental un clima de normalidade.

Superados os efectos visuais da  marea, non hai perigo para os cegos.

Porén existe e Galiza está chea  de berros de Nunca Máis  e que se chaman  Reganosa plano acuícola,formigón incontrolado, lumes, canteiras, parques  eólicos...........e  outros moitos nomes, que a calqueira que repare nestas letras, van a virlle a cabeza, auténticas desfeitas que nacen dun exercicio de prepotencia sobre a cidadanía, e dun desprezo aterrador ó patrimonio natural e cultural do noso País.

 

Seguramente mañá non haberá ninguén na Praza da Quintana, e a miña voz derramarase polas lastras.

Síntome impotente  e defraudada ante os que cando lles convén só están dispostos a escoitar  o seu silencio.

 
11/11/2007 01:22 Autor: karkeixa. Enlace permanente. Tema: Olladas. No hay comentarios. Comentar.

 

Quen asinamos máis abaixo solidarizámonos coa Plataforma de Veciños do Cruceiro de Meá (Mugardos), pechados na Casa do Concello de Mugardos desde o mes de xullo, porque cremos que calquera veciño, calquera cidadán ou habitante, deste país ou de calquera outro, ten o dereito a que non lle estraguen a súa paisaxe e seu o contorno, e a non vivir a súa vida baixo a ameaza silenciosa dun perigo terríbel.

Quen asinamos este manifesto acreditamos que a xustiza e as leis que nos damos teñen que servir para defender os principios de igualdade e de liberdade, e non para protexer os intereses dos máis poderosos e xustificar as decisións que estes toman á marxe de toda legalidade e amparándose nos recantos máis escuros da sociedade e da humanidade.

Quen asinamos estas liñas acreditamos nun modelo de desenvolvemento sustentábel e autocentrado, que non repita os erros que se cometeron no pasado ao localizar empresas en sitios inaxeitados, e ao promover industrias de enclave que dun ou doutro xeito acaban por explotar e esgotar os recursos naturais que tamén son patrimonio de alguén, nosos ou doutros pobos.

Quen asinamos aquí sabemos que a existencia de REGANOSA en Punta Promontoiro trouxo tamén consigo a miseria e a baixeza morais de quen quixo ou precisou poñerse do lado dos poderosos, así como a tristura de ver enfrontados a veciños con veciños e a familias con familias, e que non hai forma máis implacábel de acabar cunha comunidade que destrozala dividíndoa desta maneira.

Quen asinamos temos a esperanza de que se traslade esta instalación fóra da Ría de Ferrol, na súa localización primixénea e ideal do Porto Exterior, e estamos convencidos de que aconteza o que aconteza coa nosa causa, moitas outras persoas están atendendo e entendendo, compartindo, ensinando e aprendendo desta loita que ante todo é xusta e fraternal.

Manifesto

20/09/2007 14:40 Autor: karkeixa. Enlace permanente. Tema: Olladas. No hay comentarios. Comentar.

mañán en Ferrol

No blog de Artritris aparece unha ilustración atinadísima do que está a pasar na ría de Ferrol.

Mañán de novo e ante o uso das medias mentirase abuso das verdades que non se dín, no Porto de Ferrol, haberá unha concentración ó mediodía convocada polo Comité cidadan.

03/06/2007 00:25 Autor: karkeixa. Enlace permanente. Tema: Olladas. No hay comentarios. Comentar.




karkeixa

Bitácora de formiga e caracol; un eu son que non repara en variar o seu propio movemento que avanza en espirais sen outro límite que o que as verbas poñen ó pensamento.

Temas



Archivos

Enlaces

Free counter and web stats


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]