
|
Se muestran los artículos pertenecientes a Diciembre de 2004. 08/12/2004En GalegoEstaba coa Susanita moi entretida na rúa de palique, ata que chegou outro neno. Como e lóxico a pequena púxose a xogar con él, e deixou de facerme caso. Entón a súa nai, que ó igual que o seu pai aprenderon a falar entre o galego e o castelán, díxome moi convencida que a nena non atendía porque, segundo ela, non entendía o galego. Eu a quen non entendo e a nai de Susanita. De Galiza Xosé Neira VilasCANTARELA DOS NENOS Amiguiños todos amiguiños xa os nenos deiquí os nenos dala. Os nenos do mundo todos a cantar e unha mesma voz collidos da man. Amiguiños todos amiguiños xa os nenos deiquí os nenos dala. Cantarela nosa de amor e de paz sin penchas nin odios sin falsa irmanda. Amiguiños todos amiguiños xa os nenos deiquí os nenos dalá. Rolda de sorrisos dende mar a mar, corazóns abertos ollos de amistar. Amiguiños todos amiguiños xa os nenos deiquí os nenos dalá. (Disco: Cantarolas para xente miúda) 10/12/2004Decembro Énchese todo de cor formiga e de humidade.Agora son máis caracol que nunca.Dentro da miña cuncha, adormezo imaxinando un nadal de magosto e lume novo. 14/12/2004CidadeHoxe pola tarde saín a caminar sen apurar á presa,sen rota definida nin ponto de chegada. Os edificios foron o meu centro de atención e reparei en cantas historias terían visto e en cantas participado. Pensei nos contos que debe saber a Praza de San Agustín,en como as casas de María Pita lembran a Manifestación das Maletas,imaxinei a Torre falando dos barcos que pola ría pasaron, nos xogos e aventuras que garda a Praza da Bárbaras,nas penas que sabe a estación do tren.............. e no furado que agora ocupa a memoria da Casa do Arcebispo na rúa Panadeiras. 31/12/2004OndaI Movemento telúrico O terremoto que orixinou a onda xigante que arrasou as costas do sureste asiático tivo tal intensidade que e posibel que variara o eixo da terra e incluso a órbita que describe o noso planeta arredor do Sol, e polo tanto a súa velocidade de rotación. E o home, continua a creer que é o centro do universo. II Porca miseria. Miles de mortos, e aínda máis miseria nas costas dos países afectados polo tsunami. Xente boa tenta aliviar a situación na zona colaborando economicamente, e atópanse coa inmoral comisión que algunhas entidades bancarias están a cobrar polas transferencias. O dito, moitísima porca miseria a dalgúns... |
karkeixaBitácora de formiga e caracol; un eu son que non repara en variar o seu propio movemento que avanza en espirais sen outro límite que o que as verbas poñen ó pensamento.
TemasArchivos
Enlaces |