Se muestran los artículos pertenecientes a Julio de 2004.

Voltas

bannerconcertoautor[1].gifHoxe,entre as voltas da compra, díronme un billete.
Normalmente non me fixo, pero hoxe, non sei porque ,pareime a miralas,e o billete, tiña escrito a esquerda da Costa da Morte, “Nunca Máis”.

Eu non esquecín, mais gardarei os cinco euros, e se cadra enseñareillo a algún con gran facilidade para non lembrar, de esos ós que lles costa facer memoria.
Saúde.
01/07/2004 00:40 Enlace permanente. Tema: Galiza No hay comentarios. Comentar.

caladiña

Diego.R..jpgAs veces, paréceme que estou casi feita de ausencias, é todo sóbrame.Non me entendo no medio deste baleiro, e é como si o silencio nacera no meu estómago,tan denso como un furado negro, e fórame absorbendo.O ruído de fóra resúltame alleo,e as voces que preciso non din nada,están caladas.
Esta noite voltarei camiñando a Torre.
01/07/2004 00:39 Enlace permanente. Tema: Xalundes No hay comentarios. Comentar.

tv lixo

Hoxe tiven que ir ós xulgados a arranxar un tema.
A saída, no vestíbulo unha avogada, trataba de tranquilizar a súa cliente, unha muller nova, visibelmente afectada.
Fixeime nela: tiña os ollos hinchados de chorar.
Alguén comentou que era un caso de malos tratos.
Pero é moito máis complexo, é un problema de valores mal transmitidos, donde a falla de respecto ó semellante vese amparada por un sistema que propicia e silencia en moitos casos, este tipo de delitos, chegando en ocasións a culpabilizar a víctima, á cal, por ter vínculos directos ( sentimentais, sociais, económicos...) co seu agresor, resúltalle moi difícil defenderse
Pois ben, nese momento, lembrei o circo que algúns famosetes están a montar en programas del cuore, e pareceume tan indigno o mercadeo que fan, coma denigrante o trato que acaba dándoselle dende os propios programas a un tema tan serio e preocupante, o cal é moi grave.
Se os medios de comunicación, en base a non sei que ranking de audiencia, carecen dos escrúpulos e da sensibilidade necesaria para abordar este tipo de cuestións, mesturando amenazas e agresións con pases de bikinis e despedidas de solteiro, entón e moito o que nos queda por aprender, e por suposto, moi pouca televisión a que é aconsellabel ver para avanzar.
03/07/2004 00:38 Enlace permanente. Tema: Olladas No hay comentarios. Comentar.

Ollada

A quen co seu ollar,vírarme en espirais.

Verdes são os campos

Verdes são os campos,
De cor de limão:
Assim são os olhos
Do meu coração.

Campo, que te estendes
Com verdura bela;
Ovelhas, que nela
Vosso pasto tendes,
De ervas vos mantendes
Que traz o Verão,
E eu das lembranças
Do meu coração.

Gados que pasceis
Com contentamento,
Vosso mantimento
Não no entendereis;
Isso que comeis
Não são ervas, não:
São graças dos olhos
Do meu coração.

Luís de Camões
04/07/2004 00:38 Enlace permanente. Tema: Contamíname No hay comentarios. Comentar.

Ferrolterra

Esta tarde houbo na cidade de Ferrol unha mobilización polas súas rúas, para deixar claro e manifesto ó noso dereito ó traballo, e facer patente, que xa estamos fartos de palabras que non aportan solucións, cansos das promesas nas que se nos dan máis "peros" que acordos efectivos que acaben dunha vez problema.

E camiñamos.
Entre outras razóns, porque aquí, o silencio das esperas sempre é interpretado coma un asentir e conformarse polos que gobernan, e desta vez non pode ser así, estase a xogar co pan de moitas casas, co futuro dunha terra xa dabondo castigada e sacrificada en beneficio de outras (e de outros que non son povo), víctima de políticas de mellora que atenden a lugares que nunca son Galiza,de xestións nefastas coas que a nosa terra non medra e a nosa xente non avanza.

Nos últimos dez anos, abandoaron a comarca 10.000 galegos, a buscar lonxe o que aquí se lles nega....mentras os políticos non deixan de ter vacacións, e retardan o momento de sentarse e aportar solucións que permitan manter os postos de emprego nos estaleiros da Ría .
No seu lugar posibelmente quedarán simples xustificacións que agora xa non se poden permitir nen aceptar.
Uns pelexando polo seu dereito ó traballo, e outros molestos pola mosca que fastidia mentres están de descanso. Irónico, non?

O final verbas de Xurxo Souto, un manifesto de dignidade e orgullo na voz firme de Medos Romero, e a beleza do canto que é María Manuela.

Saúde e forza
14/07/2004 00:37 Enlace permanente. Tema: Galiza No hay comentarios. Comentar.

Boas noites

brassai0.jpgSe cadra,pasou por aquí Kometa.
É grato saber que no firmamento tamén camiñan paxaros.
Que alumee a estrelaroxa.
Saúde
15/07/2004 18:06 Enlace permanente. Tema: Xalundes No hay comentarios. Comentar.

Paseniño

O importante no camiño son os pasos,as pegadas.
A viaxe é o medio,mais a cada paso chegamos,estamos,somos.
Entón,camiñemos,sexamos vieiros.
28/07/2004 00:36 Enlace permanente. Tema: Xalundes No hay comentarios. Comentar.




karkeixa

Bitácora de formiga e caracol; un eu son que non repara en variar o seu propio movemento que avanza en espirais sen outro límite que o que as verbas poñen ó pensamento.

Temas



Archivos

Enlaces

Free counter and web stats


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]