
|
Se muestran los artículos pertenecientes a Septiembre de 2004. 03/09/2004BeslanTolemia, todo é absurdo e sen senso,posturas que resulta imposíbel que converxan, e no medio, sempre,sempre víctimas,inocentes, xente en desamparo que son simplemente fichas nun xogo macabro. Isto que acabo de escribir pode aplicarse a un cento de situacións; Sudán, Irak,Afganistán..........Hoxe falo de Rusia, dun grupo que pide a independencia ante todo,dun goberno que impón o seu poder sobre todo, un e outro extremistas radicais, defendéndose co lema de que o Está vez tocoulle a un colexio cheo de nenos celebrando( irónico,non?) a volta ó colexio.Tras dous días de tensión e incertidume,foron “liberados” entre confusión, desinformación e un único son, o dos tiros. Mentras vía as imaxes que ían chegando, reparei nun detalle, común a tódolos nenos, non choraban, simplemente corrían espidos esquivando as balas. 05/09/2004Xalundes Xalundes: Nalgún lugar indeterminado, noutro espazo.É a mellor aproximación que podo facer de min mesma e venme dada por un adverbio. O resto e circunstancial, simple coincidencia coa que eu as máis das veces non concordo. Ata este momento, só unha persoa perdeuse por estas terras de formigas. Saúde. 08/09/2004Matira E quén non?Poema de amor imposíbel entre unha torca do sete e un parafuso do doce Matira cóscora látura cal Torcalirete,Turpolireta, Lámbica múrcula séxjula ram, Turpolireta frindela mu gay. Tórcolo mórmoro bléstulo mor Torcalireta, Turpolireta, Sóculo mótulo vístulo son, Torcalirete frndela mu yon. Mátira múrcula séxjula vim Torcalirete, turpolireta, Sóculo mórmoro látura pil. Turpolireta gascunda mulir. “Lápilo glótulo mínimo tel, Torcalirete, Turpolireta, Nímulo rájulo tépilo vel”, Tturpalireta vigunda fri ben. “Tínito pénculo glótulo tu Torcalirete, Tturpolireta, Rátulo cáncayo límulo su”, Turcalirete gascunda fri gum. Lépilo glótulo mínulo tel, Torcalirete,Turpolireta, Nímulo rájulo tépilo vel”, Turpalireta vigunda fri ben. “Tínico péculo glótulo iu Torcalirete,Turpolireta. .................................. ................................. Torrente Ballester, na súa Saga/fuga de J.B. 10/09/2004Manuel María Non,non marchou.Continuará fluíndo mesturado entre súas verbas de poeta nas que o seu pensamento e o seu sentimento unírose para crear unha poesía firme e comprometida. Amou esta Nosa Terra como só os xenerosos poden facelo, da forma máis valente, persoal e fermosa. No amor a Terra estará sempre entre nós. TESTIMUÑA Estou entre a néboa, eiquí en Galicia. Non teño dornas pra navegar o mar que peta en mín, mouro e terribel. Profesei de galego dende neno na miña Terra Chá senlleira e longa. Por sucos teño as miñas veas, unha soidade fonda por semente e por terra cativa este meu corpo feito de arxila feble e pecadora. Dos meus escuros beizos estas verbas que anceian voar como paxaros polo ceio pequeno de min mesmo. Agardo, ano tras ano, pola rosa que ten que agromar, fermosa e branca, pra xustificar así a miña vida escura e caladiña baixo o vento sotil e misterioso de saudade. E falo decote nesta música na que canta Galicia dende sempre. (Entre a arxila e a luz) 14/09/2004CubaPenso en Cuba: en vivila. As veces máis que un soño é un afán, que me leva a unha viaxe imaxinaria pola Habana, Cienfuegos, Santiago de Cuba............. entre o olor da súa xente, o seu sabor, a cor dos seus sons. Mentras o penso,asómame un sorriso e lembro a Fiz de Cotobelo. 21/09/200429/09/2004min-eu-me Microcosmo,universo minúsculo e parte imprescindíbel do todo.Dentro dos meus anacos tento descubrirme: Qué é o que hai de min en min mesma? De canto de min mesma son eu a dona? Canto do meu resúltame alleo? Remexerme nos adentros desorientame,teño a sensación de atoparme nun parvulario do íntimo. 30/09/2004Protección oficial La opinión de A CoruñaLos grupos de la oposición en el Ayuntamiento de A Coruña han mostrado su perplejidad ante las declaraciones realizadas el pasado miércoles por Francisco Vázquez, quien explicó que los pisos protegidos que se construyan en los muelles que se recalifiquen serán "para jóvenes trabajadores sin hijos que ganen entre 1.200 y 1.400 euros mensuales" Inés e Xaime vivían na casa máis triste da cidade,entrar nela transformaba calquera ánimo nunha profunda saudade, vivir aló era como vivir fóra da propia terra. As contas xustas non daban para un piso con menos esquinas, porque se algo lle sobraba a aquel espacio eran os ángulos,a cada cal máis pechado e máis mezquino, estragando o pouco sitio que entre os seus dous lados se agochaba. Nalgunha das paredes, a ilusión de un armario empotrado, onde por todo acomodo só collía unha unidade de escaseza,pero cando menos, servía para ocultar algún de esos ricóns que parecían reproducirse de xeito automático. Nas habitacións puxeran moquetas marróns por aquelo de que é unha cor moi sufrida, nun vano intento de dar calidez a aqueles ocos, pero o tempo estropeounas e encheunas de un olor que caracterizaba o lugar: alí todo ulía a oscura humidade. E a luz era cativa, tanto que non chegaban a medrar os días e a media tarde a noite chegaba ó piso para acomodarse nel,e aínda quedaba na casa cando Inés saía cara o traballo Luz ....alí só era unha verba que acompañaba a palabra “patio”, un furado a donde daba o ventanuco que había no cuarto de baño pero que ben podía chamarse patio de voces, pois cando estaba aberto un entraba directamente nas intimidades dos outros fogares: escoitabase todo con tanta nitidez que poderían facerse as reunións veciñais sen saír dos pisos. Ela pechaba os ollos e visualizaba unha grileira. Pero era todo canto podían permitirse, e aquelo que en principio ía ser unha estancia temporal, acabou por convertirse en único remedio. Traballaban os dous,dous esforzos para xuntar un salario digno que permitira mirar adiante, e criar dous nenos que chegaran casi xuntos, un da má do outro..... nenos,con horario obreiro, sempre da zeca para meca, cediño a casa da avóa,ata que pola tardiña ela pasaba a recollelos.. A volta a casa estaba chea de bicos e sonrisos tan grandes que ocultaban os horizontes, e entón permitíase soñar, e soñaba cun piso do porto e imaxinaba o vento fresco bailando coas cortinas e empurando a claridade. Se alguén precisaba do apoio para sacudirse as esquinas eran eles |
karkeixaBitácora de formiga e caracol; un eu son que non repara en variar o seu propio movemento que avanza en espirais sen outro límite que o que as verbas poñen ó pensamento.
TemasArchivos
Enlaces |