
|
Se muestran los artículos pertenecientes a Junio de 2005. Eran case as doce.Onte os candidatos tiñan un compromiso cos electores, era a nós, ós que votamos e botamos, ante os que debían presentar o seu programa de futuro para a nosa terra, e só un amosou o respecto que merecemos, sen precisar de intermediarios no debate. esferas De todas as que son, ningunha é coma min e todas somos eu.Chiscar os ollos Así se asoma o día 20,cheo de ilusión.HQB Tamén nas paredes desta páxina hai pegada electoral simultánea.Vai por nós.non cales,lume novoUn día de oito días,é un día moi longo e da tempo a sentarse nun anel de Saturno para pensar con calma. No medio, esta noite de San Xoán na que a xente baila arredor das lumeiradas, os cachos pendúranse nas fiestras,o mar e as fontes son aínda máis milagreiras e arde a mextura de azucre e caña mentras se recita o conxuro da queimada para BOTAR ás meigas fóra: Mouchos, coruxas, sapos e bruxas. Demos, trasgos e diaños, espritos das nevoadas veigas. Corvos, pintigas e meigas: feitizos das manciñeiras. Podres cañotas furadas, fogar dos vermes e alimañas. Lume das Santas Compañas, mal de ollo, negros meigallos, cheiro dos mortos, tronos e raios. Oubeo do can, pregón da morte; fuciño do sátiro e pe do coello. Pecadora lingua da mala muller casada cun home vello. Averno de Satán e Belcebú, lume dos cadavres ardentes, corpos mutilados dos indecentes, peidos dos infernales cús, muxido da mar embravecida. Barriga inútil da muller solteira, falar dos gatos que andan á xaneira, guedella porca da cabra mal parida. Con este fol levantarei as chamas deste lume que asemella ao do Inferno, e fuxirán as bruxas a cabalo das súas escobas, indose bañar na praia das areas gordas. ¡Oide, oide! os ruxidos que dan as que non poden deixar de queimarse no augardente quedando así purificadas. E cando este brebaxe baixe polas nosas gorxas, quedaremos libres dos males da nosa alma e de todo embruxamento. Forzas do ar, terra, mar e lume, a vós fago esta chamada: si é verdade que tendes máis poder que a humana xente, eiquí e agora, facede cós espritos dos amigos que estan fóra, participen con nós desta Queimada. Que habelas, hailas. @-@-@-@-@..... Porque nós xa gañamos.lúa-nova.Hai noites tan fermosas que fan lanzar aturuxos a lúa. (Para Amada) |
karkeixaBitácora de formiga e caracol; un eu son que non repara en variar o seu propio movemento que avanza en espirais sen outro límite que o que as verbas poñen ó pensamento.
TemasArchivos
Enlaces
|