
|
Se muestran los artículos pertenecientes a Mayo de 2005. e dalleE veña coa conferencia episcopal e a lei de parellas, e digo eu, a culpa é dos que lle fan caso, que si nos medios de comunicación non se lles dira importancia,pouco ían a trascender os seus “dogmas”. O triste da historia ven da man dos políticos que fan xogo con eles olvidando que non deben os seus postos a razóns de “fé” e o desta xente si que me parece unha tomadura de pelo: ¿Qué é eso de razón de conciencia para non cumprir a lei?¿Quen son les para negar ou delegar un dereito? Se a súa moral lles fai entrar en contradiccións coas súas obrigas deberían deixar os seus postos e gañaríamos todos en tranquilidade, porque por outra banda, a min medo me dan estas persoas que pretenden ir o ceo dende os seus despachos esquecendo que cos nosos votos non eleximos reverendos. Todo esto paréceme delirante, e xa postos a levarlles a corrente, podo eu obxetar por razóns estéticas, deportivas ou musicais para que tal ou cal alcalde, concelleiro ou funcionario(porque digo eu, o persoal das administración terá o mesmo dereito que un alcalde ¿non?) non firme o meu certificado de empadroamento, de voda ou o que lle cadre. Por min poden dicir misa, pero donde corresponde e líbreme deus de meterme aló. AturuxoEscoito música no camiño, e por non perder o costume, aguanto o ar mentres cruzo a Ponte do Porco. De repente, o meu carón vai a Carolina. As dúas estamos en guerra, mais ela cun aturuxo dame o pé para cantar: pronto virá o tempo das cereixas. qué lingua máis linda tes!!!Hoxe é un "tódolos días con bicos na lingua" do mes de maio. O MAYO Aquí ven o mayo De frores cuberto... Puxéronse á porta Cantándome os nenos; Y-os puchos furados Pra min estendendo, Pedíronme crocas D'os meus castiñeiros. Pasay, rapaciños, Calados e quedos; Q' o qu' é poI-o d'oxe Que darvos non teño. Eu són vol-o probe D'o povo gallego: Pra min non hay mayo, ¡Pra min sempr' é inverno!.... Cand' eu m'atopare De donos liberto Y-o pan non me quiten Trabucos e préstemos, E com' os d'o abade Frorezan meus éidos, Chegado habrá estonces O mayo q'ueu quero.. Querédes castañas D'os meus castiñeiros?... Cantádeme un mayo Sin bruxas nin demos: Un mayo sin segas, Usuras nin preitos. Sin quintas, nin portas, Nin foros, nin cregos. Aires d'a miña terra Manuel Curros Enriquez depende de si-si Entre as axudas e os precios a pagar polos xornais, boto números e sáennos ben caras as novas.....e por riba para que as conten daquela maneira. |
karkeixaBitácora de formiga e caracol; un eu son que non repara en variar o seu propio movemento que avanza en espirais sen outro límite que o que as verbas poñen ó pensamento.
TemasArchivos
Enlaces
|