|
Se muestran los artículos pertenecientes a Septiembre de 2006. 15/09/2006Canle![]() O debuxo dunha flor marca a pausa no libro reservado para a brétema Nel medran cerdeiras nas que rabuño o teu alcume desfacendo as gañas de ouvear entre as cortizas Xamais nos despedimos ti non lembras que nunca aprendiches o meu nome pero é o meu silencio o que me estruga a boca acurralando a miña voz ata afogarme. Só quixen aprender que algunhas derrotas as deciden os paxaros Vaise levantando a noite en pingas arrodéame a intemperie mentres o sol estoura contra a pedra Adivíñote no muro da praza e confirmo que o tempo que perdo nas esperas non é cura para esta dor que impón a súa teima. Se cadra non me ves pero nas miñas mans levo un diluvio e non me atende. |
karkeixaBitácora de formiga e caracol; un eu son que non repara en variar o seu propio movemento que avanza en espirais sen outro límite que o que as verbas poñen ó pensamento.
TemasArchivos
Enlaces |