
|
Se muestran los artículos pertenecientes a Mayo de 2007. Que non!Para min Reganosa era unha das razóns polas que se facía necesario un cambio urxente de goberno e esperaba que unha vez fóra o pp, a política levada a cabo pola xunta con referencia a este tema dise un xiro que puxera as cousas no seu lugar. Hoxe sorpréndeme que o silencio e a imposición chegasen tan lonxe e que a tales alturas o proxecto da regasificadora esteña tan avanzado dentro da ría, co perigo que supón e sabendo que a súa ubicación en Caneliñas non só era posíbel, senón que era a máis acertada. De novo a cidadanía sae a rúa para deixar clara a súa postura. Non hai que calar porque non está aínda todo dito. http://artabra21.blogspot.com/
Dinamiteira![]() Agora que xa pasou o rebumbio e hoxe que as portadas dos xornais non van a saír en galego.. Verba que comenza Linme hoxe toda por dentro. Linme! Cómo me está chegando! Cómo me apaña! non sei si me chega ou vou por ela. Non o sei, Ouh pra que me chouxeches se hoxe me levas? Hoxe, Hoxe, día de todos en un. Infindá do tempo. Hoxe! Hoxe de quen todos somos na marea sin ondas, sin velas, sin barcos en coor vello. Hoxe,de quen? Hoxe:dirán uns. Hoxe: dirán outros mentras... mentras reparan no que non hai. En hoxe todos, todos damos do fin o paso del. Meu amigo onte! Ti vas quedando, quedas pregón que enmarca nas áas do tempo a voz que ti mesmo diches sinxela e pulida, aquela. Ti quedas como queda o aire entre as cousas que son como queda a loita, como queda a terra, como queda a Forza aquela en que ti vas hasta a derradeira, derradeira, vas calado. Calas mentras contas as presadas que de nós van caendo, vas na verba, verba que rixe, verba enteira que é. Vas e dis anque calas e non cingues xeito novo. Pro si: de nós levas. María Mariño
|
karkeixaBitácora de formiga e caracol; un eu son que non repara en variar o seu propio movemento que avanza en espirais sen outro límite que o que as verbas poñen ó pensamento.
TemasArchivos
Enlaces
|