Se muestran los artículos pertenecientes a Mayo de 2008.

pinta a lingua

Por falar galego tiven que escoitar auténticas sandeces, desas que te deixan asombrada e sen palabras, que simplemente serven para definir  claramente a quen as dí. Razoamentos de "pe de banco" que diría a miña avoa e que só conseguen manterme máis firme na miña escolla. 

Vou farta de papanatismo, intransixencia,  ignorancia e maltrato a miña língua...cansa dos "galegos" que non entenden o GALEGO e dos seus pobres argumentos para non falalo eles e o que é peor, para que non o fale eu.......Pois ben, razóns para falalo teño centos, pero chega con unha:

O fago porque me peta.

 

E o 18 de Maio a Santiago

03/05/2008 01:06 Autor: karkeixa. Enlace permanente. Tema: Galiza No hay comentarios. Comentar.

blogues pola lingua

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego

15/05/2008 00:56 Autor: karkeixa. Enlace permanente. Tema: Galiza No hay comentarios. Comentar.

Combater a ignorancia con poesía

20080518225051-fraybz1.jpg

DEITADO FRENTE Ó MAR...

Lingua proletaria do meu pobo
eu faloa porque si, porque me gusta
porque me peta e quero e dame a gana
porque me sae de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ó ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ó pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
fala-la fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo e arado, proa e rella sempre.

Eu faloa porque si, porque me gusta
e quero estar cos meus, coa xente que sufren longo
unha historia contada noutra lingua.

Non falo prós soberbios,
non falo prós ruíns e poderosos,
non falo prós finchados,
non falo prós estupidos,
non falo prós valeiros,
que falo prós que aguantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
prós que súan e choran
un pranto cotián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas de
tódolos que sufren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ó mar, ise camiño...

18/05/2008 22:51 Autor: karkeixa. Enlace permanente. Tema: Galiza No hay comentarios. Comentar.




karkeixa

Bitácora de formiga e caracol; un eu son que non repara en variar o seu propio movemento que avanza en espirais sen outro límite que o que as verbas poñen ó pensamento.

Temas



Archivos

Enlaces

Free counter and web stats


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]